www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Outubro de 2019

O PP reclama melloras nos viais de Cidadelle
Institucional • 2/11/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Os populares critican a inseguridade da liña de autobús escolar de Cidadelle aos colexios Alexandre Bóveda e Igrexia. O grupo municipal dos populares aconsellan o retranqueo das cunetas, a modulacion de curvas pechadas e a instalación de marquesiñas


Aseguran que o mal estado do vial é un perigo tanto para o transporte escolar como para calquera outro vehículo. Por este motivo reclaman unha serie de medidas a levar a cabo para garantir a seguridade neste vial. En determinados puntos sería preciso retanquear ou cubrir as cunetas, "pois a calzada é tan estreita que o risco de meter unha roda na cuneta ao cruzárense dous vehículos é alto, máis aínda se un deles é un autobús" explican os populares. Ademais deste incidente que xa se está a producir con frecuencia, co perigo que elo conleva, algunhas curvas son demasiado pechadas e perigosas para o recorrido dun autobús, polo que, dende o PP, sinalouse que "sería preciso, en colaboración cos veciños, tratar de modular ou suavizar esas curvas".


Finalmente, tamén solicitan que se busque o emprazamento idóneo para a instalación de marquesiñas para abrigárense os escolares. Neste sentido, tendo en conta que se definiron dúas paradas na liña de autobús "serían preciso tamén dúas marquesiñas, necesarias dado que o número de nenos que se recollen en ambas paradas supera a vintena".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: