www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Setembro de 2019

"Recambios Tucho" cabeza de cartel da III edición do Ventorock
Sociedade • 3/11/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O festival de música que se celebra pro terceiro ano consecutivo en Ventosela contará tamén coa actuación dos grupos homenaxe a Led Zeppelin, The Silence e Skandalo Gz. A charanga os Veraneantes amenizará xa a partir das sete da tarde a carpa na que se servirán ración de callos a galega a prezos populares


Recambios Tucho, o grupo que naceu baixo a dirección do creador dos desaparecidos Heredeiros da Crus será un dos invitados á III edición do Festival Ventorock que se celebra o vindeiro sábado día 6 na parroquia de San Martiño. Un grupo que busca darlle unha volta aos grandes clásicos do rock dos 70 pero que tocará tamén as cancións mías famosas da antiga formación.


Estará acompañado no escenario polo grupos locais Homenaxe a Led Zeppelin que regresará cun tributo á mítica banda de Rock e coa banda de metal-rock The Silence. Tamén no cartel deste ano Skandalo Gz, formación procedente de Ponteareas que mostrarán o seu estilo ska-punk reivindicativo.


Ademais da música non faltará a comida e a festa rachada xa a partires das sete da tarde. Primeira edición da Novembro Fest onde se servirán racións de callos á galega acompañados por viño ou cervexa e que contará coa presenza da charanga Os Veraneantes


Para o festival contarase cunha carpa totalmente pechada, repartiranse castañas asadas de balde e as bebidas serán a prezos populares.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: