www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

A casa dos afogados inaugura o mes do teatro en Vilar
Cultura • 3/11/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Este sábado ás 20:30 o centro cultural de Vilar acolle a representación da obra  "A casa dos afogados" a cargo do grupo de teatro Os da Coviña de Cesantes. Esta é a primeira das actuacións enmarcadas dentro do mes de teatro que organiza o centro parroquial e que persegue achegar aos veciños as artes escénicas de xeito completamente gratuíto


En colaboración co concello de Redondela pasarán polo escenario nos fin de semana de novembro un total de catro obras, sendo a primeira o sábado día 6 co grupo de Cesantes.


O domingo día 14 ás sete da tarde será a quenda da obra "non hai ladrón que por ben non veña" do grupo de teatro Fonte da tella do centro cultural de Soutomaior.


Xa o día 20 grupo de Vigo Imaxina teatro achégase ao centro cultural de Vilar para representar a obra "Motín de bruxas" dentro do mes do teatro que acolle o centro parroquial, mentres que grupo de San Fins da localidade tudense de Rebordáns presentará a obra "O cego de Fornelos". Con esta obra o centro cultural clausurará o mes do teatro na parroquia

Comentarios
Preguntoiro
Venres 5 de Novembro de 2010 ás 18:07 horas
A casa dos afogados? Donde toman café Jaime e Fita?
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: