www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Setembro de 2019

O futuro do tren de proximidade centrará o debate nas xornadas sobre o ferrocarril en Redondela
Sociedade • 3/11/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Expertos no ferrocarril analizarán a situación na que se atopa na actualidade este medio de transporte. Ademais dos relatorios a cargo de Xesús alonso Montero, Francisco Gil e Adela Figueroa entre outros haberá unha exposición de maquetas que se poderá visitar no Multiusos


Plataformas, sindicatos e ecoloxistas acudirán as XI Xornadas Estatais en defensa do ferrocarril público que se van desenvolver os días 5, 6 e 7 de novembro en Redondela baixo o lema "Impulsamos o tren do pobo". Ë a primeira vez que estas xornadas se organizan en Galicia e a elección de Redondela responde ao importante papel desenvolvido por esta poboación por tratarse dun nó ferroviario.


Ademais de afondar no debate aberto na sociedade galega e particularmente na comarca polas obras do tren de alta velocidade, o voceiro da Coordinadora estatal, José Luís Ordóñez explica que é necesario abordar cuestión tan vitais para o futuro do tren como o tráfico de mercancías, os novos servizos ferroviarios e, como non, o tren de proximidade como vehículo de transporte a potenciar no futuro máis inmediato.


As xornadas arrancarán ás 16:30 horas do venres coa apertura das salas de exposición do Multiusos onde se poderá visitar unha mostra de maquetas ferroviarias. O día mais intenso será o sábado, xa que dende ás nove da mañá e ata as 20:00 horas iranse desenvolvendo as diferentes mesas de debate e relatorios onde participarán entre outros o enxeñeiro Xosé Carlos Fernández quen falará da loxística do ferrocarril, a representante de ADEGA, Adela Figueroa quen abordará o tren como solución ecolóxica, o xornalistas Francisco Gil ou o escritor Xesús Alonso Montero


Todas as actividades, que se prolongarán durante a mañá do domingo, están abertas a todos os veciños

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: