www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Xuño de 2019

Un programa de divulgación medioambiental recibe unha subvención estatal de 18.000 euros
Institucional • 4/11/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Medio Ambiente investirá a achega económica procedente do Ministerio nun programa no que se inclúen diferentes actividades relacionadas coa divulgación da riqueza medioambiental do municipio. As actividades enmarcadas no proxecto están dirixidas principalmente á poboación escolar. Haberá tamén accións dirixidas ás comunidades de montes e á poboación en xeral.


O Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía a través da Fundación Española para a Ciencia e a tecnoloxía (FECYT) ven de conceder unha subvención ao departamento de medio ambiente de Redondela para desenvolver un programa divulgativo sobre a riqueza medioambiental do municipio. O programa elaborado pola empresa Integra céntrase principalmente nos alumnos de secundaria, aínda que tamén haberá accións dirixidas as comunidades de montes e á poboación en xeral.


O concelleiro de medio ambiente Carlos Pazos entende que con esta achega económica de 18.000 euros o Ministerio recoñece o traballo desenvolvido dende o seu departamento xa que "só se concedeu a subvención ao 5% dos proxectos presentados".


David Brown da empresa Integra explicaba que a principal actuación recollida no proxecto premiado está dirixida a poboación escolar, concretamente a alumnos dende primeiro de 1º de ESO a primeiro de bacharelato, quen nos vindeiros meses percorrerán os diferentes hábitats e ecosistemas da contorna.


Ademais do traballo directo co alumnado no proxecto denominado "Biodiversidade aos teus pes" tamén se contemplan accións con profesorado co obxectivo de que os temas ambientais pasen a formar parte dos recursos formativos que se empregan na aula.


O proxecto inclúe ademais da publicación de unidades didácticas, a elaboración dunha exposición itinerante sobre o patrimonio natural e unha xornada dirixida ás comunidade de montes, na que se abordarán as prácticas na xestión forestal e o uso e riqueza dos bosques de ribeira.

Comentarios
Apoio
Xoves 18 de Novembro de 2010 ás 21:03 horas
Apoio este tipo de iniciativas posto que é moi importante a educación para conseguir que os nosos fillos melloren o que nós non fomos quen de arranxar por falta de civismo.
Ánimo.
Outro recoñecemento
Xoves 4 de Novembro de 2010 ás 15:30 horas
Outro recoñecemento ao traballo desenvolvido polo departamento de Medio Ambiente que dirixe absolutamente o concelleiro de Medio Ambiente supón o desmantelamento dos contenedores soterrados da Praza da Constitución nos que se invertiron no seu día unha subvención de 60.000 euros na súa construcción e os que se pretende substituir ca colocación doutra xardineira máis.
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: