www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Setembro de 2019

Soutomaior súmase aos concellos galegos cun punto de servizo para autocaravanas
Sociedade • 5/11/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Os vehículos contarán no peirao de Arcade cun lugar no que recargar baterías, evacuar augas negras e encher os seus depósitos con auga potable.


Situado nas inmediacións da depuradora no peirao de Arcade, o servizo está xa en marcha e permitirá mellorar a atencións aos milleiros de viaxeiros que elixen este medio de transporte para moverse e coñecer a comunidade.


Calcúlase que cada ano cruzas as nosas fronteiras unhas 200.000 autocaravans nas que viaxan preto de medio millón de turistas. Segundo explicou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, co acondicionamento deste área de servizo preténdese "mellorar as condicións e fomentar o autocaravanismo como recurso turístico de calidade e sostible" O presidente da asociación de autocaravanistas de Galicia, Carlos Jaudenes, mostrouse agradecido "pola amabilidade e sensibilidade deste municipio cos viaxeiros contribuíndo a aumentar a rede pública de puntos de servizo para autocaravana en Galicia".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: