www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Setembro de 2019

Chapela repartirá 5.000 kilos de mexillón
Sociedade • 5/11/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Finalmente e logo de dous aprazamentos por mor da marea vermella, este domingo a parroquia de Chapela acollerá a duodécima edición da festa do mexillón, que organiza a comisión de festas do Carme.


Repartiranse 5.000 kilos do molusco que se poderá degustar ao vapor, en escabeche, en vinagreta ou en empanada, tanto de millo como de trigo. Nesta duodécima edición mantéñense os prezos  con ración de mexillón ao vapor a 1'5 euros mentres que se venderá a 3'5 euros a ración nas especialidades de escabeche ou vinagreta.


A festa desenvolverase baixo unha carpa na pistas deportivas situadas na Baixada a Pescanova. Unha cita onde non faltará a música, coa animación da charanga Os terribles de O Porriño.


Aínda que normalmente a festa celébrase no mes de setembro este ano houbo que aprazar a cita ata en dúas ocasións debido á toxina diarreica que afectou aos parques mexilloeiros. Os organizadores móstranse agora confiados no éxito do evento gastronómico superada xa a marea vermella e cando está garantida a calidade do produto.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: