www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Agosto de 2019

O BNG reclama a Fomento a construcción dunha rotonda no Alto dos Valos
Institucional • 5/11/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Solicitan esta actuación por tratarse dun "punto negro na rede viaria do concello", xa que o tráfico rodado pola N-550 ten experimentado un notable incremento. Aseguran que a limitación da velocidade a 50 Km/h non garante a seguridade nin de peóns nin de condutores.


O grupo local do BNG ven de presentar unha enmenda aos Orzamentos xerais do Estado, a través da Deputada Olaia Fernández Davila solicitando ao Ministerio de Fomento financiamento para a construcción dunha rotonda na N-550 entre Redondela e o Porriño.


Os nacionalistas lembran que o Altos dos Valos tense convertido nos últimos anos nun punto negro na rede viaria da comarca debido "ao importante aumento do tráfico rodado procedente de Portugal e da zona industrial de O Porriño, cara Pontevedra e o norte de Galiza, xunto ao cruce de camiños das estradas procedentes do Aeroporto e do concello de Pazos, que conflúen nunha encrucillada de difícil solución"


Engaden que se trata dunha mellora na estrada que beneficiaría tanto ao concello de Redondela como aos veciños de Mos e Pazos.


Actualmente e ante a perigosidade da vía si hai unha limitación a 50 kilómetros por hora, unha medida que entenden no BNG non é suficiente para garantir a seguridade nin dos condutores nin dos peóns que transitan pola estrada.

Comentarios
Arturo
Luns 8 de Novembro de 2010 ás 22:58 horas
Home Manuel pode que teñas razón que haxa detrás un interese industrial. Si é así recoñezo que non agardaba tanta mente retorcida nen interese torticeiro. Eu por experiencia persoal penso que unha rotonda aí é precisa. O \\\"enxeñeiro\\\" que diseñou o cruce quería unha patada nos c... cruzar tódolos días é unha aventura un risco evidente. Non penso que a rotonda vaia aparellada á zona industrial. De feito a entrada e saída da zona industrial sí que vai ligada a A59.
Manuel
Luns 8 de Novembro de 2010 ás 20:18 horas
Non me acbe ningunha dúbida de que Arturo ten intelixencia pero mirade o BNG de Redondela non naceu onte cando reclama unha rotonda no Alto dos Valos non é por nada e o menos importante para eles neste caso son os peóns ou conductores eses motivos levan tempo sen mover ao BNG de Redondela. Un exemplo pode ser a rotonda de Rande podemos pensar que a rotonda fixose pensando para que circularan mellor Arturo Isidoro G e os veciños de Redondela Vigo e a provincia de Pontevedra: A realidade é que esa rotonda obedece a unha demanda industrial non veciñal. Como sabedes algúns poucos partidos políticos de Redondela pensan que un onte que non é deles un lugar tranquilo é a mellor ubicación para un polígono mesmo cando a empresas pechan pola crise ou memso cando se delocalizan .... o importante e espacular e a rotonda do BNG obedece a un interese especulativo e industrial. Asumo que son parvo pero non me chupo o dedo!!
Isidoro G
Domingo 7 de Novembro de 2010 ás 21:40 horas
Arturo simplemente decirte que me alegro de poder leer al fin dos comentarios acertados e inteligentes. Sinceramente Chapó para ti!
Arturo
Domingo 7 de Novembro de 2010 ás 13:52 horas
Unha petición a Radioredondela:
Por favor mellorade o sistema de comentarios: dóeme a vista mirar o escrito sen comas. As veces /mairía/ perde o sentido do comentario. As comiñas é outra.
Gracias.
Arturo
Domingo 7 de Novembro de 2010 ás 13:50 horas
Que ganiñas de enredar tedes. A rotonda é precisa nese cruce? Sí
O demais son tonterías que si AP9 que si xa tiña que estar feito... deixadevos de tonterías respostades aos estúpidos /argumentos/ que dan os políticos iñorantes a oposición por oposición.
Esta reclamación do BNG paréceme xusta e necesaria. Tamén outras de outros partidos. Deixade a minipolítica para os minipolíticos.
Isidoro G
Domingo 7 de Novembro de 2010 ás 04:02 horas
Certamente el problema es que existen las hemerotecas y te puedes encontrar noticias como esta:

El puente de Rande se colapsó ocho veces en lo que va de año y tuvo riesgo de colapsarse durante 53 días de este verano según informó ayer Abel Caballero que insistió en la importancia de la ampliación de esta infraestructura anunciada por el Ministerio de Fomento. El alcalde mostró su convencimiento de que la ampliación de la AP-9 en el puente de Rande estará finalizada en el año 2013 y reprochó al PP y al BNG por defender que es más prioritaria la creación de la autovía libre de peaje entre Vigo y Pontevedra que el tercer carril de Rande. ‘Son unos irresponsables y se inventan la mentira de las prioridades porque el puente puede estar reformado en dos años y la autovía no va a estar en menos de cinco’ dijo Caballero que añadió que ‘el PP estuvo en el Gobierno hace diez años y si entonces hubiese ordenado la autovía ahora no habría que ampliar Rande pero no lo hicieron’
Certamente
Sábado 6 de Novembro de 2010 ás 21:33 horas
Certamente esta pequena emendiña non tén nada que ver coa que presentou o PP o ano pasado pedindo un millón e medio de euros para a ampliación da Ponte de Randel
Camiño
Sábado 6 de Novembro de 2010 ás 16:09 horas
"Xa tardabas" por desgraza ten un cerebro moi común na sociedade de hoxe en día o de OVELLA
Isidoro G
Sábado 6 de Novembro de 2010 ás 09:36 horas
Compañero Xa Tardabas Disle:

Despues de haber expuesto de manera tan clara los beneficios y perjuicios que tendrá sobre nosotros la iniciativa del BNG. Me asalta una pequeña duda y espero que puedas aclararmela ¿Tienes el cerebro en régimen de alquiler?
Camiño
Sábado 6 de Novembro de 2010 ás 01:24 horas
Quen é o grupo local do BNG de Redondela? En que fundamentan o notable aumento do tráfico rodado na N-550? É o Alto dos Balos un punto negro prioritario sobre outros? Dame a espiña que esa rotonda obedece aoutros intereses para o BNG por riba da seguridade vial!

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: