www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

O BNG reclama a Fomento a construcción dunha rotonda no Alto dos Valos
Institucional • 5/11/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Solicitan esta actuación por tratarse dun "punto negro na rede viaria do concello", xa que o tráfico rodado pola N-550 ten experimentado un notable incremento. Aseguran que a limitación da velocidade a 50 Km/h non garante a seguridade nin de peóns nin de condutores.


O grupo local do BNG ven de presentar unha enmenda aos Orzamentos xerais do Estado, a través da Deputada Olaia Fernández Davila solicitando ao Ministerio de Fomento financiamento para a construcción dunha rotonda na N-550 entre Redondela e o Porriño.


Os nacionalistas lembran que o Altos dos Valos tense convertido nos últimos anos nun punto negro na rede viaria da comarca debido "ao importante aumento do tráfico rodado procedente de Portugal e da zona industrial de O Porriño, cara Pontevedra e o norte de Galiza, xunto ao cruce de camiños das estradas procedentes do Aeroporto e do concello de Pazos, que conflúen nunha encrucillada de difícil solución"


Engaden que se trata dunha mellora na estrada que beneficiaría tanto ao concello de Redondela como aos veciños de Mos e Pazos.


Actualmente e ante a perigosidade da vía si hai unha limitación a 50 kilómetros por hora, unha medida que entenden no BNG non é suficiente para garantir a seguridade nin dos condutores nin dos peóns que transitan pola estrada.

Comentarios
xa tardabas
Sábado 6 de Novembro de 2010 ás 00:29 horas
xa tardabas en contextar isidoro .g.
peperiño calate un pouquiño e dille a bas q te leve de retiro espiritual a oseira para convertirte o opus
Isidoro G
Venres 5 de Novembro de 2010 ás 19:09 horas
Teniendo en cuenta que Carlos Pazos es un recien llegado al mundo de la política y que la carretera nacional acaba de ser inaugurada no queda otra que felicitarlo por su agilidad y capacidad para resolver problemas que hasta hace un mes no existian.

Sinceramente no me queda otra que quitarme el sombrero ante uno de los políticos con mejor futuro en este pais
Eleccións eleccións elecciónsss
Venres 5 de Novembro de 2010 ás 18:10 horas
Estou dacordo que se poña aí unha rotonda. agora que si segundo os membros do BNG de Redondela vaise facer a A-59 que ademais vai pasar alí cerquiña e eles así o propoñen e potencian para que gastar estes cartos si esta autovía vai quitar todo o tráfico do "mundo mundial". Ghastade os cartos con sentidiño e senon sede congruentes que non sabedes se "subides ou baixades".
os veciños da N -555
Venres 5 de Novembro de 2010 ás 16:20 horas
manda carallo esto do bng de Redondela solo solicita rotonda para os valos e os veciños da N555 que estan cada dia cada minutos en peligro por que dicha nacional no tiene no hacera .A si el Señor feijoo gastar 3millones de euros en traer al papa para eso si hay dinero . Esto es forma de goberna que venga el papa que lo vea

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: