www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

O balonmán local sofre un revés ao caer derrotados tanto Sar como Chapela
Deporte • 8/11/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O Porriño, líder da categoría demostrou en Redondela porque ocupan o posto máis alto da táboa e venceu á sar por 26 a 34. Pola súa banda o Magope logrou vencer ao Paraxe por 30-26 nun encontro disputado no campo dos vigueses.


A Sar nada puido facer contra un Porriño intratable que en só trinta minutos deixaba o partido practicamente sentenciado. Boa entrada na bomboneira para ver este encontro que rematou co resultado de 26 goles para a Sar e 34 para os visitantes. Na vindeira semana o equipo redondelán, relegado ao posto decimosegundo da táboa desprázanse a Asturias e visitan o campo do seu inmediato perseguidor, o Oviedo.


Pola súa banda, tampouco o resultado acompañou ao Paraxe Chapela. Encontro disputado no pavillón de Coia e onde a iniciativa partiu en practicamente todo o partido dos xogadores do Magope. De feito, na primeira metade o Magope conseguiu xa unha ampla vantaxe que aínda incrementaría no inicio da segunda parte. O Chapela reaccionou nos minutos finais pero os de Coia souberon manter unha vitoria que deixaba un marcador final de 30-26.


Os de Chapela teñen na vindeira semana unha boa oportunidade para ascender do noveno posto no que se atopan actualmente, xa que xogan na casa onde reciben ao último da categoría, o Cafés Toscaf.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: