www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 18 de Novembro de 2019

Concentración no Concello contra a Violencia de Xénero
Institucional • 22/11/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O acto convocado pola Concellería de Igualdade desenvolverase o xoves ás 12:00 horas diante do Concello co gallo da celebración ó día 25 de novembro do Día contra a Violencia de Xénero. Dende Igualdade aproveitan a data para denunciar a redución de recursos que a Xunta destina á combater a violencia contra as mulleres


A Concellaría de Igualdade convida aos veciños a participar na concentración que terá lugar o próximo día 25 de novembro ás 12:00 horas diante da casa do Concello.


Neste acto terá lugar a lectura da Declaración Institucional do Concello de Redondela polo día Internacional contra a violencia de xénero, nun ano no que son xa "66 as mulleres oficialmente mortas por violencia de xénero en todo o estado ademais de 3 menores, de 4 meses, 3 e 5 anos quen tamén faleceron coas súas nais".


Dende a Concellería engaden que a erradicación da violencia contra as mulleres ten que ser unha prioridade de calquera goberno, polo que entenden sería preciso que o goberno galego actual "non limitara máis os recursos económicos e as institucións que destina ao traballo e á loita en favor da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres".


O departamento de igualdade critica que se estean a paralizar dende o goberno autonómico as axudas económicas que reciben as mulleres sen recursos vítimas da violencia, o chamado salario da liberdade así como os orzamento destinados aos servizos especializados na atención ás mulleres.


Por último reclaman que se dea prioridade á posta en marcha de "todos os dispositivos previstos na Lei Galega de Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero, con especial mención para a posta en marcha sen máis tardanza dun Centro de Recuperación integral para ás mulleres ou a creación dun Observatorio Galego da Violencia de Xénero".

Comentarios
O mellor a hora
Sábado 27 de Novembro de 2010 ás 23:09 horas
A ti non te importa pero non somos nolas dúas as únicas poboadoras do planeta. Creo importante que a iniciativa chegue a máis xente e que máis xente se poida implicar. Como a cousa se quede nunha celebración meramente institucional imos aviadas. Parece coma nos plenos a horas inoportunas! Será que non queren que a cidadanía participe da democrácia? Quero pensar que non e iso pero da que pensar . .
O mellor a hora
Sábado 27 de Novembro de 2010 ás 23:09 horas
A ti non te importa pero non somos nolas dúas as únicas poboadoras do planeta. Creo importante que a iniciativa chegue a máis xente e que máis xente se poida implicar. Como a cousa se quede nunha celebración meramente institucional imos aviadas. Parece coma nos plenos a horas inoportunas! Será que non queren que a cidadanía participe da democrácia? Quero pensar que non e iso pero da que pensar . .
A calquera hora.
Mércores 24 de Novembro de 2010 ás 23:33 horas
Pois a min eso non me importa penso que a calquera hora é boa para lembrar ás vítmias da Violéncia de Xénero e tomar conciencia da situacón de moitas mulleres que están a sufrir a calquera hora do día.
O mellor a hora
Mércores 24 de Novembro de 2010 ás 23:11 horas
Mopi ben escollida a hora para os intereses que se defenden en horario laboral para que non vai nin dios! agás políticos e funcionarios
[1-4]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: