www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 18 de Novembro de 2019

A campaña Merca na rúa reparte en Redondela 3.000 euros en vales de compra
Sociedade • 23/11/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A iniciativa, posta en marcha pola Deputación de Pontevedra, desenvolverase no concello ata o vindeiro sábado 4 de decembro e sorteará entre os clientes do comercio local 24 vales de compra por valor de 100 euros e dous de 300.


Trátase dunha campaña de dinamización comercial que promove a reactivación do pequeno comercio segundo nos explicaba a coordinadora da oficina provincial de comercio, Alma Pérez xa que "os vales permitirán seguir investindo no propio comercio local"


A carpa está xa instalada na praza de Figueroa e durante os vindeiros días repartirase entre os establecementos participantes material de promoción. Para poder participar nos sorteos, os consumidores deberán presentar os seus tickets de compra. O último día da campaña, o sábado día 4, realizarase o sorteo dos vales . Estra actividade de reactivación inclúe tamén unha oferta de animación lúdica coa instalación dunha carpa na que se desenvolverán actividades orientadas principalmente aos cativos.


Con estas iniciativas búscase loitar contra a tendencia do consumidor de desprazarse aos centro comerciais e promover que se queden en Redondela a facer as súas compras no pequeno comercio "onde poden atopar toda a oferta que necesitan sen necesidade de se desprazar".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: