www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 18 de Novembro de 2019

O BNG comunicará o sábado o seu candidato á alcaldía
Sociedade • 24/11/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O ruxe-ruxe na vila fala de cambio, pero dende o BNG nin se confirma nin se desminte. Entenden que é preciso "cumprir os trámites" e non será ata o vindeiro sábado cando no transcurso da Asamblea local se dea a coñecer a candidatura que o partido presentará ás vindeiras elección municipais.


O propio concelleiro Carlos Pazos eludía calquera tipo de manifestación respecto a candidatura que o seu partido presentará aos comicios de maio e remitíase á asemblea local que se celebrará o sábado as 18:00 horas.


Pola súa banda o responsable local do Bloque, Xoán Carlos González anunciou que será unha única candidatura a que se presente a esa asemblea pero evitou adiantar as persoas que conforman a lista, composta por 11 nomes. Si falou do obxectivo do BNG para as municipais "medrar ata chegar a ser a primeira forza política".

Comentarios
Escacho ca Risa
Mércores 24 de Novembro de 2010 ás 23:02 horas
"Medrar ata chegar a ser a primeira forza" ja ja jaSó podedes chegar ser a primeira forza nun ranquin no que en vez de votar a simpatía por unha determinada forza local se votase a antipatía polas forzas concurrentes pero de ilusións tamén se vive!

Ten que haber unha candidatura única a forza pois no BNG só existen acolitos de Pazos non hai pluralidade nin militancia abondo para permitirse presentar outra alternativa.
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: