www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 18 de Novembro de 2019

Preocupación no PP polo nulo interese das empresas por instalarse en Redondela
Institucional • 25/11/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Entenden que o desinterese empresarial se debe a que o noso municipio carece dun plan urbanístico que "dea seguridade xurídica ás empresas que buscan terreos onde instalarse" e responsabilizan da situación ao concelleiro de urbanismo "por non ter sacado adiante o PXOM"


Os populares lamentan que Redondela non sexa nin sequera a última opción na lista dos que poden optar a acoller a planta da Mitsubishi en Galicia, "por mor dunha nefasta xestión e falta de proxectos que fixeron que tras trinta anos non se teña aprobado un plan xeral de urbanismo"


O candidato á alcaldía Xavier Bas, critica que outros concellos con menos poboación e patrimonio "estean a atraer empresas portadoras de riqueza e emprego" mentres Redondela queda relegada desa carreira por non contar "cunha opción de saída, cunha oferta de chan industrial listo e en condicións para calquera entidade que tivera intencións de ubicar unha planta aquí".


Nesta liña, dende o PP pregúntanse "se acaso exite algunha outra ocupación más importante para un concelleiro delegado de Urbanismo que sacar adiante unha norma que dea seguridade xurídica a todos os veciños e empresas no que respecta ás súas edificacións e proxectos no presente e no futuro". Un labor este que "debería ser a tarefa máis importante para o responsable desta área, tan vinculada ao desenvolvemento da poboación e da economía de cada concello, hoxe máis que nunca, pois nas normas urbanísticas mestúranse aspectos tan importantes como o desenvolvemento sostible do territorio, a vertebración das comunicacións e a capacidade económica e social de cada municipio.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: