www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 18 de Novembro de 2019

Modesto Pose visita Redondela no aniversario da súa elección como responsable provincial do PSdG
Institucional • 25/11/2010
Autor: Ana Prieto

O secretario provincial do PsdG-PSOe visitou onte Redondela dentro da xira provincial que está a facer ao cumprirse un ano do seu nomeamento. Pose amosou a súa confianza en que o candidato á alcaldía, Eduardo Reguera, sexa ratificado pola asemblea local, salientando a súa "boa xestión" como concelleiro.


Quedan aínda algo máis de cinco meses para as eleccións municipais pero Redondela está xa a recibir nos últimos días visitas de dirixentes políticos de diferentes cores para apoiar a labor das súas formacións neste Concello. Se onte era o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, hoxe a quenda foi dos socialistas. Modesto Pose, secretario provincial do PSdG-PSOE, estivo en Redondela co gallo do primeiro aniversario do seu nomeamento, dentro dunha rolda de contactos que está a ter co todas os grupos socialistas de Pontevedra. Pose salientou que de cara ás próximas eleccións municipais os cometidos do seu partido son dous, elaborar proxectos "que melloren a calidade de vida dos veciños" e poñer á fronte deses proxectos "ás persoas máis válidas". Por iso eloxiou a candidatura de Eduardo Reguera á alcaldía que, a falta de ser ratificada pola asemblea local, conta co "apoio unánime" da agrupación. O actual concelleiro de Cultura, aínda que se amosou prudente á falta de que o seu nomeamento sexa oficial, anunciou que a lista do PSOE estará marcada pola "renovación", aínda que seguirá acompañado por algún dos actuais concelleiros.


Como secretario provincial dos socialistas, Modesto Pose evitou pronunciarse a favor ou en contra da ampliación da AP-9 ó seu paso por Redondela. Asegurou que "entende" a posición do partido en Redondela, contrario a unha infraestrutura que prexudicará á parroquia de Chapela, aínda que defendeu a postura do Ministerio de Fomento, que ten unha visión "máis ampla das necesidades" nas conexións entre Vigo e O Morrazo.

Comentarios
Mauro
Sábado 27 de Novembro de 2010 ás 23:04 horas
De Redondela non se lembra nin o seu alcalde!!! Todos se lembran para facer o seu negocio!!!
Mauro
Sábado 27 de Novembro de 2010 ás 23:03 horas
De Redondela non se lembra nin o seu alcalde!!! Todos se lembran para facer o seu negocio!!!
Arturo
Xoves 25 de Novembro de 2010 ás 23:26 horas
E non esquezas que xa estivo a cúpula do PP na presentación publica do seu candidato.
Nestas datas todos lembran de súpeto ónde está Redondela logo esquecenno durante outros catro anos.
[1-3]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: