www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

Tallas de madeira de Moncho Novas no Multiusos
Cultura • 26/11/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A exposición que se poderá visitar ata o vindeiro 15 de decembro reúne unha extensa recompilación de obras do escultor Moncho Novas e o pintor Manuel Boullosa


O escultor natural de Pontesampaio, Moncho Novas traballa a madeira procedente da obra, paus queimados, raíz de eucalipto, madeira de pecios e outros materiais cos que da forma a todo un universo onírico e fantasioso en pezas coma Xana, A danza, Cópula, Pez ou Por que?, unha escultura que denuncia a violencia e a tortura. Aínda que a súa preferida de entre as máis de 20 tallas que se mostran na Xunqueira é a que leva por título "O mundo", unha peza de gran tamaño e cunhaforma moi especial.


Novas explica que a súa afección por tallar a madeira naceu de xeito espontáneo cando era cativo e fixo cun cacho de pao unha pistola de xoguete. Cos anos foi perfeccionando a técnica pero aínda así o primordial é non desvirtuar a forma orixinal da madeira que se traballa.


E exposición conta tamén cos cadros de Manuel Boullosa, quen  fai un minucioso e ben documentado percorrido pola nosa arquitectura popular, cunha recompilación de máis de 20 hórreos, da zona da Lama, Meira, Donón, etc, prazas e monumentos, así como capelas e carballos centenarios: o Carballo do Pelete, realizados todos eles en grafito e plumilla.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: