www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

Un mozo de Cesantes en coma logo de ser atropelado ás portas da discoteca La Fábrica
Sucesos • 29/11/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O rapaz, Luís David M.L. de 15 anos de idade permanece ingresado na UCI no Hospital Xeral de Vigo a onde foi trasladado logo de ser atropelado ás tres da madrugada do domingo na Avenida Mendiño. O condutor do vehículo Volkswagen Polo que causou o accidente pasará hoxe a disposición xudicial.


Un menor de 15 anos de idade permanecía onte ingresado na UCI do Hospital Xeral de Vigo en estado grave e en coma profundo logo de ser atropelado na madrugada do domingo ás portas da discoteca La Fábrica en Redondela. Segundo información da policía local os feitos producíronse preto das tres da madrugada cando a vítima, Luís David M.L. de 15 anos de idade e veciño de Cesantes, foi supostamente atropelado por un Volkswagen Polo que se deu á fuga.


Grazas ás testemuñas dos numerosos mozos que a esas horas se atopaban nas inmediacións da discoteca, o vehículo puido ser localizado dúas horas despois por membros da policía municipal do mesmo xeito que o seu condutor, José Antonio D.D. de 19 anos de idade e veciño tamén de Cesantes.


Cando foi arrestado o mozo deu positivo na proba de alcoholemia, cunha t0061a de 0'67 na primeira medición e 0'51 na segunda.


O detido pasou a noite nos calabozos da comisaría viguesa e hoxe pasará a disposición xudicial.

Comentarios
Arturo
Martes 30 de Novembro de 2010 ás 09:20 horas
O penoso é que as autoridades son conscientes disto e non fan nada por remedialo.
Hai uns anos o responsable da Policía recoñecía que sabían que os desfases producíanse en dous ou tres viales do Concello pero non se fai nada non o entendo.
Agora sólo queda lamentar esta desgracia para dúas familias veciñas.
Veciña de Cesantes
Luns 29 de Novembro de 2010 ás 23:49 horas
Veáse vir. Tódolos sábados na Avda de Mendiño e no porto de cesantes donde a velocidade está limitada a 30 celebranse carreiras e trompos os peóns e conductores andan confiados como se nada puidera pasar e os responsables familiares e políticos non teñen nin a decencia de concienciar a poboación xeral. Non pido man dura pido conciencia e activismo.
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: