www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

A organización galega de comunidades de montes rexeita a A-59
Sociedade • 2/12/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O colectivo que aglutina ás comunidades de montes veciñais en man común de Galicia manifesta o seu apoio a postura das comunidades de montes de Redondela que rexeitan a construcción da autovía A-59 polas nefastas consecuencias que a obra tería nos montes comunais


O presidente do colectivo, Xosé Alfredo Pereira non valora a necesidade ou non da vía pero si denuncia as consecuencias que vai ter no monte veciñal coa destrucción das traídas de augas e de zonas postas en valor como as áreas de lecer ou rutas de sendeirismo. Engade ademais que non pode ser que a autovía se faga en contra da opinión dos lexítimos titulares das terras.


Lembramos que día tras as seis comunidades de montes polas que presumiblemente vai pasar esta vía,  as comunidades de O Viso, Reboreda, Ventosela, Quintela, Saxamonde e vilar manifestaran o seu rexeitamento ao trazado contemplado pro Fomento e apoiado dende o concello de Redondela.


Denuncian dende a asociación galega que co proxecto da A-59 volvese "amosar o concepto que teñen as diversas administración  sobre o monte veciñal, un concepto baseado en que "os montes veciñais en man común son terras sen valor, baratas e nas que se pode ubicar calquera tipo de instalación para favorecer os intereses económicos, urbanísticos e especulativos".

Comentarios
Víctor Manuel
Xoves 2 de Decembro de 2010 ás 14:49 horas
Ademáis de compartir a opinión da Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común por sanidade democrática creo necesario a demisión da presidenta do Consello Parroquial de Reboreda por manipulación interesada da vontade popular e ademáis por consentir como responsable de participación cidadá un regulamento municipal de participación tan pouco representativo e pechado e manexable polos que gobernan. Preguntome Que ten que votar un partido político nun consello parroquial? NOn lle chega con facelo nos plenos? Queren estar en todo para telo ben controlado. Babaro demisión!! A facer cursiños de coiro e licores.
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: