www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

O condutor que matou a un menor ás portas da discoteca La Fábrica é reincidente
Sucesos • 3/12/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Amigos e familiares do menor atropelado na madrugada do pasado domingo ás portas da discoteca redondelá organizan unha manifestación que partirá o sábado ás 17:00 horas dende La Fábrica ata a Igrexia parroquial de Cesantes onde Luis David foi soterrado. O condutor do vehículo que o atropelou xa fora condenado por conducir ebrio.


José Antonio D.D. o condutor do vehículo que na pasada fin de semana se levou por diante a vida dun menor ás portas da discoteca La Fábrica xa fora condenado con anterioridade pro conducir cunha taxa de alcohol superior ao máximo legal permitido. De feito, fora condenado a 8 meses de privación de carné de conducir, a catro meses de multa e a cumprir 22 días de traballos para a comunidade.


A sentencia, foi ditada en xuño do 2009 polo mesmo xulgado de Redondela que agora instrúe as dilixencias por presunto homicidio imprudente logo do atropelo mortal.


A día de hoxe José Antonio atópase en liberdade con cargos. A xuiza de Redondela impútalle un suposto delicto contra a seguridade do tráfico por conducir baixo os efectos do alcol e outro de lesións imprudentes que ten derivado nun homicidio imprudente logo do falecemento da vítima.


O avogado que representa á familia ten previsto solicitar o seu ingreso en prisión logo de constatar que é reincidente.

Comentarios
Veciñ@s
Sábado 11 de Decembro de 2010 ás 13:53 horas
É importante que se visualice tamén aos responsables de tráfico e políticos e sobre todo que dunha vez por todas se atalle o problema e se garantice a seguridade nunha zona frecuentada por peóns os sábados venres e festivos e por desgraza por os amigos do alcohol convinado co volante do ferodo a alta velocidade e a piluetas auto e ciclomobilisticas. Os responsables da administración local e os políticos de tráfico interior e alcalde ou futuros que se poñan as pilas que a súa irresponsabilidade pasividade etc. esta costando vidas á xuventude e fortes disgustos ás familias. Non hai campañas de sensibilización sobre drogodependencias civismo etc. a única campaña que se fai ca xuventude é a da reciclaxe caseira. Pola contra dende a adinistración local financianse algunhas actividades culturais nas que se promove o abuso do alcohol.
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: