www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Defensa da enseada solicita que se paralice o almacén de colectores en Rande e Chapela
Sociedade • 3/12/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A Plataforma en defensa da enseada San Simón reclama á Autoridade Portuaria a paralización inmediata do concurso de explotación para a explanada de 22.500 metros cadrados no litoral de Rande, xunto o antigo cargadeiro de mineral, así como o espacio e Punta Chapelisa, que pretenden empregar como almacén de colectores.


Dende a presidencia da Plataforma, Antonio Lores, insiste en que a autoridade portuaria "ten previsto ampliar unha parte do Porto de Vigo cara o estreito de Rande a pesar de tratarse dunha enseada afectada como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e que polo tanto debería estar especialmente protexida.


Entende que a insistencia dos responsables do organismo portuario de seguir adiante cos seus proxectos empresariais no estreito de Rande responde as presións que as empresas xa asentadas no litoral están a exercer sobre o poder político


Sobre as consecuencias que un potencial almacén de colectores tería sobre os veciños insisten en que se incrementará o tráfico pesado, a contaminación no mar e o ruído.


Lores denuncia unha vez máis que ambas as dúas explanadas fixéronse sen permiso nin do concello e sen expediente público na Autoridade Portuaria e "sen que o proxecto se expuxera a información pública para que os cidadáns puideran presentar alegacións". Motivo polo que se presentaron senllas denuncias en ambos os dous organismos "sen que esas autoridades fixeran caso algún".

Comentarios
Parcial
Martes 7 de Decembro de 2010 ás 12:40 horas
Dende hai moito tempo as noticias máis lidas son noticias tontasnon me lembro cales pero era tonterias por riba de calquer outra nova "seria".Isto pode deberse a un errorsempre pensei que eran errospero chega un momento que creo que noisto ten que ter truco!
Conxeturas
Martes 7 de Decembro de 2010 ás 12:40 horas
Pois xa postos a especular creo que todos sodes militantes do PP e tedes consigna de amolar a todo quisqui para demostrar a pureza do partido do pueblo e probocastes a proposito que estean as novas do BNG e PSOE como máis lidas. Moi hábiles.
Camilo
Luns 6 de Decembro de 2010 ás 21:46 horas
A min non mo parecía ata hai poucos días é máis antes noticias tan comentadas como esta estaba entre os dez primeiros pero agora non vexo o memso ranquin invariable. Non creo que ningún militante do BNG esté a facer entradas nas noticias para que estas ocupen as primeiras posicións creo nunha orde do responsable político da Radio Municipal.
Berto
Luns 6 de Decembro de 2010 ás 19:25 horas
Pois amín paréceme unha radio partidista do BNGigual que a TVG do PPasí de simple
Isidoro G
Luns 6 de Decembro de 2010 ás 17:15 horas
La pregunta sería si alguien del BNG está entrando en esas páginas continuamente o si a l@s dirigentes y emplead@s de Radio Redondela les interesa que aparezcan únicamente esas noticias. Es más... ¿Es posible que Radio Redondela sea dirigido de una manera tendenciosa y partidista?
Outro observador obxectivo
Luns 6 de Decembro de 2010 ás 11:12 horas
Eu penso que alguén do bng ten poucas cousas que facer e moito tempo libre e dedícase a entrar unha e outra vez nas noticias relacionadas con este partido. Certamente é sospeitoso o ranking das novas máis lidas. Comparto a opinión de Camilo
Camilo
Domingo 5 de Decembro de 2010 ás 21:25 horas
Vamos que a Redondela só lle inetresan as novas relacionadas cas areas de goberno ou cos partidos BNG e PSOE Concentración no Concello contra a Violencia de Xénero O BNG comunicará o sábado o seu candidato á alcaldía Mulleres do programa Clara recuperan a vexetación de ribeira no Alvedosa Modesto Pose visita Redondela no aniversario da súa elección como responsable provincial do PSdG Cecilia Pérez: É necesario mobilizar á cidadanía para que o BNG lidere o próximo goberno local "Solidarízate" promove o voluntariado social na vilaGuillerme Vázquez visita Redondela para coñecer as demandas da confraría

Que me perdoen as rapazas da Radio e o observador obxetivo pero ata hai pouco tempo non erá así e parece unha manipulación en toda regra
Un observador obxectivo
Domingo 5 de Decembro de 2010 ás 12:50 horas
Serán imaxinación túas porque o ranking é mostra absoluta do interese xeral da poboación de Redondela
Camilo
Sábado 4 de Decembro de 2010 ás 19:08 horas
Son inmaxinacións miñas ou dende hai algún tempo alguén manipula interesadamente o ranquin das novas máis lidas?
[1-9]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: