www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

A Sar afúndese en Primeira Nacional mentres o Chapela se sitúa en postos de cabeza
Deporte • 7/12/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A tan só un días do derbi que enfrontará a Sar e Chapela a situación de ambos os dous equipos é ben diferente. Mentres o club de Chapela continúa na loita polos primeiros postos da categoría a Sar, logo da derrota da fin de semana, sitúase no antepenúltimo posto da táboa con tan so cinco puntos.


O Paraxe Chapela continúa imparable cara aos postos de ascenso e acadaba esta fin de semana unha nova vitoria na súa visita ao campo do Inzamac Zamora. Foi sobre todo na segunda parte do encontro, onde os de Fran Teixeira demostraron porqué son terceiros da categoría logrando unha ampla vitoria sobre os seus rivais nun partido que rematou co resultado de 26-34 a favor dos chapeleiros.


Bastante peor lle van as cousas á Sar.  Esperábase a derrota no partido que se disputaba na bomboneira, xa que a pesar de xogar na casa o rival era complicado: visitaba Redondela o líder do grupo e un dos mellores equipos da competición como é o Medicentro Gijón.


Os locais plantaron cara sobre todo no primeiro tempo do encontro pero non foi suficiente para vencer aos asturianos que xa na segunda parte foron colleitando goles ata chegar ao remate do partido co resultado de 16-23. Un mal resultado que deixa á Peguform Sar con tan só 5 puntos no decimoterceiro posto da categoría.


Na vindeira cita Sar e Construcciones Paraxe medirán as súas forzas nun encontro que se vai disputar en Chapela, un apaixonante derbi onde parte como indiscutible favorito o equipo de Teixeira dada a súa situación na táboa e os resultados dos últimos encontros.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: