www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

O PP acusa ao goberno de silenciar á oposición ao rexeitar as súas peticións de comparecencia
Institucional • 7/12/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Lembran que no pleno ordinario de Novembro rexeitáronse ás súas demandas para que compareceran os concelleiros socialistas Carlos González e Eduardo Reguera e que a nacionalista Anxeles Babarro marchou da sesión cando o PP tiña presentado "en tempo e forma" unha petición de comparecencia da responsable de Participación Cidadá


O Partido Popular cualifica de "intolerante" o comportamento do goberno local por intentar segundo explican "silenciar ao oposición ao rexeitar as dúas comparecencias solicitadas, en tempo e forma, polo grupo municipal do Partido Popular e unha terceira que non se puido levar a cabo ante a ausencia máis que cuestionable da edil responsable".


Explican dende o PP que as dúas peticións de comparecencia que afectaban a concelleiros socialistas non foron posibles polo voto en contra dos membros de PSOE e BNG quen alegaron "a falta de concrecións nas solicitudes presentadas" para rexeitar a commparecencia tanto do edil de cultura e presidente da Comisión de facenda Eduardo Reguera como do responsable de deportes Carlos González.


Finalmente, subliña o popular Alberto Pazos que a terceira das solicitudes presentadas afectaba á responsable da Concellería de Normalización Lingüística e Participación Cidadá, Ángeles Babarro, que marchou do pleno ao comezar o último dos puntos da orde do día de control político dos órganos de goberno municipais. Unha actitude que dende o PP cualifican de "lamentable, tendo en conta que era coñecedora con suficiente antelación da súa comparecencia polo que non é de recibo que se levante do pleno e se vaia para, segundo ela dixo, ir actuar co seu coro".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: