www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

O PSOE presentará unha lista renovada para acadar a maioría absoluta
Institucional • 9/12/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Así o anunciou o candidato socialista Eduardo Reguera, quen polo de agora non quere adiantar nomes concretos aínda que si afirmou que a lista que o PSOE presentará nos próximos comicios electorais de Maio será unha lista "completamente renovada"


Sen desvelar moitos datos Reguera amósase convencido de que a súa proxección pública e política logo de sete anos no goberno local xoga a favor do seu partido, tendo en conta ademais que os seus rivais non teñen tanta presenza xa que o candidato do PP Javier Bas "carece de traxectoria política" e que a cabeza de lista dos nacionalistas Cecilia Pérez Orge "leva tres anos alonxada da política municipal".


Confía plenamente en acadar a maioría absoluta e rexeita comparacións cos comicios celebrados no ano 2007 cando o PSOE perdera parte do seu apoio social "debido en gran parte á campaña promovida polo Voto nulo" así como polo propio desgaste do candidato, Xaime Rei. Afirma que a situación é ben diferente xa que "as eleccións chegan logo dun período de importantes investimentos por parte do PSOE en Redondela".


Respecto de actuacións "impopulares" do seu partido a nivel estatal como a proposta de Fomento de ampliar a autoestrada AP-9 ao seu paso por Chapela, Eduardo Reguera insiste en que dende o "ámbito local o PSOE "sempre rexeitou a ampliación da vía e avogou pro defender a construcción da A-59 que servirá para desconxestionar a autoestrada".


Confía tamén en que as característica propias dunhas eleccións locais "nas que pesa sobre todo o coñecemento directo do candidato, das persoas e da súa traxectoria" compense o desgaste que a nivel estatal está a padecer o partido socialista, tal e como así se reflicte nas enquisas cunha importante caída do apoio social.

Comentarios
oscar
Martes 14 de Decembro de 2010 ás 23:35 horas
arturo pero ti q falas de isaacse nin o coñecespor certo dominas ben o vocabulonoraboa
Cousas que falan abondo
Venres 10 de Decembro de 2010 ás 22:28 horas
Hai cousas que \\\"falan abondo\\\" pero que case non se están falando é que Reguera sobre todo nestes últimos tres anos e medio de mandato tivo competencias abondo incluso compartidas que incluso os cidadáns fumos descubrindo segundo interesase aos partido que goberna en coalición co tan incomparablemente diferente BNG. Tantas areas que non é extrano qe algunha descoidara e que ademáis é evidente que se adicou máis a xestionar a area ca que contaba con máis presuposto e contaba con máis presuposto nesa area porque normalmente esa area é na que coloca o PSOE local ao seu neno máis mimado. Na miña opinión produciuse un gran cambio en Protección Civil en canto a adquisición e mellora de equipos e profesionalización do persoal do servizo público o cal é para min o máis meritorio das areas xestionadas por o Delfín. Pero pola contra e volvendo ao que fala dabondo pero do non se está falando é do atropelo mortal nas inmediacións da Discoteca La Fabrica na que un rapaz de 19 anos ebrio atropelou mortalmente a outro de 15 anos. E non é algo casual ou insospeitado houbo avisos dabondo do perigo da mezcla de alcohol sábado noite coche Avenida Mendiño. Aquí o propio Reguera debera recoñecer que descoidou está area e que non fixo todo o que puidera ter feito para evitalo. Se cadra para o electorado en maio foi máis vistoso os lanzamentos de fogos na alameda. ou no mundialito da Xunqueira. Saberemolo pronto
Arturo
Venres 10 de Decembro de 2010 ás 16:33 horas
Xosé:
Mira eu chámolle renovar non só a un intercambio de fotos. Eu chámolle renovar a un troco na xestión e na maneira de xestionar o concello e as políticas locais. Se tí pintas o teu coche vello terás o mesmo coche con outra cor. O resultado aparte de seren estéticamente mellor no fondo segue a ser o mesmo e a mesma maneira de conducilo e o mesmo motor cos seus defectos e virtudes. Renovar é cambiar o coche completamente.
Como dixen noutro post hai unha certa obriga para modificar as persoas xa que lembra que algúns dos que están xa teñen idade de xubilárense. Emilio e Nolete levan os mesmos trinta anos que Xaime Rei.
A xestión de Eduardo en cultura ao meu modo de ver tampouco foi un alarde de imaxinación e habilidade inusitadas.
O do mozo foi un comentario sen nengún afán foi un exemplo da posible renovación do Partido Español nen socialista nen obreiro. Poñer un rapaz novo que non aporta nada máis que seguidismo puro e duro.
En canto ao de presentarse as eleccións habería moito que discutir. Eu teño a miña propia opinión pero sería moi longo de explicar. Sólo unha cousa espero que ti non opines de fútbol cando miras un partido pois non tes dereito se queres opinar do entrenador: ponte a entrenar. Se queres opinar do xogador: sal a xogar. Se queres opinar das touradas: sal tourear...
En fin fai o que penses que debes de facer: eu farei o mesmo. Agora renovar: nada de nada.Esa é a miña opinión diferente polo que se vé a túa. O tempo dá e quita razóns.
Un saludo.
Xosé
Venres 10 de Decembro de 2010 ás 11:25 horas
Entendo renovacion por facer unha lista case nova.SiEduardo leva 8 anospero o seus departamentosespecialmente cultura creo que falan de abondo para saber si será un bo alcalde ou non.Evidetemente que fará cousas como Xaime Reipero moitas delas non as farácreo que ´un cambio bastante positivo.Respeto o de Isaacpois etendo que é un militante do PSOE ou das xuventudesque demomento non vive da políticapero si que fai cousas para a políticae creo que é totalmente o revés que dices.Pero buenocada un que vote o que queira.Eu fai 8 anos non voteifai 4 votei nulo e esta vez o PSOEa risa dama amín os que están todo o dia criticando e non teñen narices de presentarse as elecciónsporque se o criticas tododigo eu que terás outra maneira de faceloasique os que estades aprotestar semprepresentarse.Igual que che pode dar a risa atipódeme dar amín de por qué fai catro anos votei nulo.
Arturo
Xoves 9 de Decembro de 2010 ás 23:44 horas
Home tedes todo o dereito a votares a quen queirades pero falar de "novos tempos" e "renovación" cando menos é distorsionar á realidade.
Eduardo Reguera leva oito anos no goberno de Redondela foi presentado coma sucesor por Xaime Rei hai dous anos asistindo a todo tipo de inauguracións e festas varias que puido. Incluso as que non tiñan que ver coa súa área.
Nunha recente declaración dicía que ía continuar o feito por Xaime Rei.
Renovación renovación a xusta. Dádevos conta que o resto está próximo a xubilación Nolete e Emilio levan trinta anos.
En fin agora entrará o famosa Isaac un rapaz arribista que está disposto a todo para poder vivir da política sié que non o está facendo xa.
Hai que ser incautos para crer iso: a mín personalmente dáme a risa.
fonso
Xoves 9 de Decembro de 2010 ás 21:12 horas
eu igualeduardo reguera alcalde!!!!!
novos tempos para redondela!!!!
Xosé
Xoves 9 de Decembro de 2010 ás 19:17 horas
Pois despois de 8 anos volverei a votar a este partidoconfio na renovación e nas ganas de facer algo diferente cambiando a imaxe ofrecida nos últimos anos.
[1-7]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: