www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 16 de Outubro de 2019

"En castellano no hay problema" na Casa da Cultura
Cultura • 10/12/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A presentación do libro terá lugar ás 20:00 horas na Casa da Cultura e contará coa intervención do autor dos textos e presidente da Mesa Carlos Callón e o representante de Edición Xerais Xosé Manuel Moo. A presentación correrá a cargo do presidente da Mocidade pola Normalización Lingüística, Xandre Vázquez.


Este libro fai un repaso da situación da lingua galega durante os últimos tres lustros, e achega tamén un convite á reflexión e á implicación individual e colectiva para conseguir a normalización da lingua propia de Galiza. Ademais analiza as últimas medidas dos gobernos galegos en materia de política lingüística e intenta achegar solucións para superar os prexuízos e os argumentos máis estendidos en contra da normalización real e do prestixio social da lingua galega. De feito as súas alternativas convidan ao protagonismo individual para transformar a sociedade, e alerta das medidas


que deberían adoptar os poderes públicos.


O acto comezará ás 20:00 horas na Casa da Cultura e está aberto a toda a cidadanía.

Comentarios
3S
Venres 10 de Decembro de 2010 ás 21:08 horas
PIPI
xan
Venres 10 de Decembro de 2010 ás 18:32 horas
O artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galiza di: O galego e a lingua oficial de Galiza.
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: