www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 15 de Outubro de 2019

Arranca a campaña Xoga e fálao para promover o uso do galego no deporte local
Institucional • 13/12/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Un total de nove clubs de diferentes disciplinas deportivas téñense sumado a esta campaña de promoción do uso do galego no ámbito deportivo. Entre os participantes repartiranse viseiras e bolsas porta-zapatilla co lema "Xoga e fálao, da mañá a noite"


Con esta campaña, posta en marcha pola Concellería de normalización lingüística preténdese achegar á lingua galega ao ámbito deportivo, "un contorno onde non sempre se utiliza a nosa lingua propia malia que unha parte moi importante dos deportistas téñena como lingua habitual".


Entre os club que se sumen á mesma repartiranse unhas viseiras e uns bolsos porta- zapatillas así como uns trípticos divulgativos de léxico relacionado coa actividade deportiva.


Polo de agora foron un total de nove os clubs que se sumaron á campaña: o club deportivo Choco, Fútbol Sala Redondela, Escola de fútbol base, o club de Remo de Chapela, o balonmán de Chapela, a SAR, o club deportivo de Cesantes, o grupo de patinaxe Bolboreta e o club de tenis da vila.

Comentarios
Piotr Kroptov
Martes 14 de Decembro de 2010 ás 23:39 horas
A lingua no deporte é tan necesaria como o deporte base. O preocupante non é o uso electoralista do idioma senón que non ten eco nos resultados electorais. Eis o pais no que vivimos...
Manolo o do bombo
Martes 14 de Decembro de 2010 ás 23:25 horas
Para Xan: Esto dacordo contigo no que dis do PP. NOn sei se ti estarás tanto enq ue os partidos políticos incluído o BNG fan un uso electoralista da lingua e empregana como arma electoral para gañar votos . . . Hai diferencias entre partidos algunhas abismais pero outras similares. O BNG traballa a lingua pero moito é de cara a galería. E porque hai unha concellería e u orzamento e un electorado que contentar. Pero non me extranaría que algun falara castelán na intimidade por decir algo.
xan
Martes 14 de Decembro de 2010 ás 18:33 horas
Para Manolo ogalla que o PP tamén fixese uso da nosa lingua o igual que o BNG pero para promocionala e nón para facer un decreto prohibindo os mestres de infantil falarlle galego os nenos/as nas colexios. E non facendo un decreto para prohibir que se den materias en galego nas aulas. pero Claro xa o dice Corina e maila nosa venciña Paquita "que es esa tonteria del gallego" e ainda así hai xente que os vota. Que pais.
Arturo
Martes 14 de Decembro de 2010 ás 10:49 horas
Certamente a nosa língua sempre suscita interese. Alomenos pola miña parte.
Descoñezo as razóns porque esa carta non nos foi comunicada á xente do clube si é que chegou pero preguntarei.
Só me queda desculparme pois e aínda que non participemos a nivel clube na campaña repito os parabéns e seguiremos a poñer candanseu gran de area no fomento da nosa língua e a de todos/as.
Manolo o do bombo
Luns 13 de Decembro de 2010 ás 23:43 horas
Aquí o que importa é o bombo. A concellería de normalización linguistica está sacandoc ampañas d epromoción do galego sen ton nin son un día son 4 bares e outro catro clubes o que importa é que a opinión pública que non sabe de que vai o tema perciba que se fai algo. É un desastre. Pido encarecidamente a dimisión da Sra. Babaro por xogar ao electoralismo descarado e proque non da plana enteira do BNG por uso electoralista da lingua que o faga Galiza Bilingue non se pode esperar outra cousa pero do BNG . . .
Arturo
Luns 13 de Decembro de 2010 ás 23:37 horas
Puiden pero non a lín. De todolos xeitos penso que a campaña sae do Concello dirixida as Asociacións deportivas. Como lóxico sería a súa comunicación as mesmas. Para iso hai un rexistro dos clubes.
De feito a campaña polo que vexo no blog de normalización do concello presentouse o pasado 30 de novembro. En Radio Redondela aparece hoxe.
Eu non vin a nova da campaña por ningures. Qué queres que che diga?
Pero bueno o importante é que haxa unha concienciación para o uso da nosa língua nun ámbito onde non aparece moito. Iso é o importante e paréceme oportuno a parabenización tanto da campaña como da participación dos clubes. O que non me gusta é a maneira de levala a cabo. E o dos clubes modestos sigo a mantelo. Pero iso non deixa de ser a miña opinión.
club deportivo Cesantes
Luns 13 de Decembro de 2010 ás 19:29 horas
Arturo si estas agora a ollar este artigo con anterioridade tamen poideches ler i escoitar a apertura da inscripción grazas normalización.
Arturo
Luns 13 de Decembro de 2010 ás 17:21 horas
Supoño que no Rexistro de entidades deportivas do Concello estarán TODOS os clubes de Redondela. Dígoo porque non sei o criterio de ascrición a esta iniciativa nin as características que hai que posuír para formar parte dela pero de seguro que habería outros clubes que promoven a cotío o galego e que non están na listaxe.
En Redondela ser un clube modesto de parroquias e sen contactos ten estas cousas. Seguiremonos enterando pola prensa.
Todas estas entidades seguro son grandes promotoras da nosa língua.
[1-8]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: