www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 9 de Agosto de 2020

Arranca o Pequeatro coa compañía Sarabela
Cultura • 27/12/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O multiusos da Xunqueira acolle durante tres xornadas consecutivas as representacións teatrais enmarcadas dentro da programación de teatro infantil que organiza a Concellería de Cultura. Pasarán polo escenarios as obras de Sarabela teatro, Matapiiollos e Berrobambán


A primeira das representacións será mañá martes a cargo da compañía Sarabela teatro, quen porá en escena a obra "Konrad ou o neno que saíu dunha lata de conservas". Unha hilarante comedia baseada nun texto orixinal da escritora austríaca Christine Nöstlinger cuxo argumento arranca cando a señora Bartolotti, que carece de experiencia cos nenos, recibe un día por correo e metido nunca lata a un fillo de sete anos de idade: Konrad.


Con moita inspiración e humor cóntanse nesta obra as emocionantes e divertidas situación nas que se ve envolta a protagonista coa presenza de Konrad.


Outro dos atractivos indiscutibles da proposta teatral de mañá é o aspecto visual, cunha posta en escena orixinal onde as luces e as cores xogan un papel primordial


O programa continuará o mércores coa obra "Flis-Fli-Ris-Flas" de Matapiollos e será Berrobambán os encargados de pechar o ciclo co título "Bicharada". Todas as representación serán ás 18:00 horas a un prezo de un euro.

Comentarios
Groucho Marx
Martes 28 de Decembro de 2010 ás 10:30 horas
Todo se andará, irmán, todo se andará. Mentres tanto...extende a boa nova pola metrópole.
Camilo
Luns 27 de Decembro de 2010 ás 21:54 horas
Moi boa enlace Groucho marx! Sobre todo o xogueciño de equilibrio de Xaime Rei, ainda que se foras aos plenos dariaste conta que o malavarista é Bastos
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: