www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 9 de Agosto de 2020

O PP demanda melloras na praia e a comparecencia dos edís de tráfico, participación e deportes
Institucional • 28/12/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Os populares solciitarán a comparecencia de Reguera no pleno que se celebra ás 19:00 hroas de mañá mércores para que dea explicacións sobre as medidas de seguridade adoptadas polo goberno local na Avenida Mendiño. O delegado de Deportes terá que explicar cal é a situación actual do Pazo dos Deportes e do pavillón de Cesantes; e a concelleira de Participación Cidadá comparecerá respecto da construción da A-59


Por outra banda, os populares critican as reiteradas demoras do proxecto do paseo marítimo tantas veces prometido en periodo electoral polo PSOE. Considera urxente ademais o ensanche do acceso á punta da praia e a creación de novos aparcamentos, solicitude que lle trasladarán ao pleno do Concello na sesión ordinaria de Decembro, que se celebra ás 19:00 horas de mañá mércores


O PP entende que ata o de agora a única actuación realizada na zona redúcese a unha  "simple colocación duns bancos, unhas escaleiras de madeira ou unhas plantas" cando o que precisa a praia de Cesantes "é unha recuperación integral planificada" que pasaría, entre outros acometidos, polo levantado dos muros caídos sobre os areais, a retirada de maleza que invade a praia, o control dos vertidos, a limpeza de algas dos fondos próximos ás zonas de baño e a recuperación da area nalgunhas partes que se converteron en pedregais.


Por outra banda, critican que a día de hoxe siga sen ser realizade o paseo marítimo de Cesantes, "tan prometido en períodos electorais polos socialistas" e lembran que "a última vez que o actual alcalde vendeu este proxecto, fai agora uns oito anos, segundo el o paseo xa estaba planificado en todos os seus detalles, co orzamento de realización e o tempo de execución establecidos; incluso, chegou a vender a segunda fase do mesmo".


Un pleno ordinario carente de contidos na súa orde do día que inclúe o cambio de horario das sesión plenarias, que actualmente se estaban a celebrar ás 20:30 horas e que por acordo de todos os grupos está previsto que a partir de agora se celebren ás sete da tarde.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: