www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 9 de Agosto de 2020

Autos González manterá o servizo de Noitebús sen financiamento da Xunta
Sociedade • 29/12/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A empresa aposta pola liña que comunica Redondela con Vigo nas noites de venres e sábado, que funcionará entre as 22:30 e as cinco da madrugada a un prezo de dous euros por traxecto. Elimínanse as conexións entre o centro da vila e as parroquias polo escaso número de usuarios que as empregaban

 


A decisión da Consellería de Medio Ambiente de retirar o financiamento á totalidade das liñas de Noitebus de toda Galicia, deixaba no aire a continuidade do trasporte público que viña funcionando nas noites dos fin de semana. Sen embargo, o feito de que estas liñas se deixen de subvencionar non implica no caso de Redondela que desapareza a totalidade do trasporte nocturno, xa que a empresa responsable do servizo no noso concello, Autos González decidiu finalmente apostar por unha das rutas. Concretamente seguirá funcionando a ruta que comunica o centro da vila coa cidade olívica, por ser a mais demandada polos usuarios mentres que si se van eliminar as que conectaban Redondela coas parroquias


Novos horarios e prezos


O servizo funcionará nas noites de venres e sábados. Os usuarios deberán abonar 2 euros por traxecto e contarán cun número maior de frecuencias, xa que os responsables de Autos González decidiron ampliar o servizo atendendo ás demandas dos clientes. Así, o último autobús partirá de Redondela en dirección Vigo ás 4:30 horas, mentres que o último en sentido contrario sairá ás cinco da madrugada.


O goberno galego retirada a subvención ante o recorte orzamentario do vindeiro ano argumentando ademais tanto a pouca demanda de algunha das liñas como o feito de que ao seu entender a oferta estaba "sobredimensionada".


O Noitebus nacera en tempos do bipartito como unha alternativa segura, cómoda e asequible respecto ao uso do vehículo particular, sobre todo de cara a mellorar a seguridade dos máis novos nos desprazamentos que realizan no tempo de lecer

Comentarios
Usuari@ e veciñ@
Xoves 30 de Decembro de 2010 ás 20:18 horas
A Arturo

Ademáis Pontevedra, ten unha Estación de Tren frente a do autobús. Vigo, esa gran urbe que está sobre tódalas cousas que que tanto adoran os políticos e os lambecús dos seus votantes, ten a Estación de tren en Urzaiz e ao autobús en Martinez Garrido, pero os plans de "progreso" segundo a ideoloxía impernate (a de Xan), son facer unha estación de ferrocarril no areal, de AVE en Urzaiz a a do bus, donde sempre, e así todos a coller ocoche para ir dun sitio a outro, e os dos parquins e galsoliñeiras a facer caixa, que o noso bolsillo da pa todo. Xan é amigo do Alcalde, pero o alcalde non ten coche, pagamosllo todos os redodneláns está escondino no aparcadoiro da Xunqueira no que tamén lle pagamos a praza de aparcadoiro a el e máis a concelleiros coma Carlos Pazos. Xan é un simpatizante clientelar do PSOE. Está claro que o PSOE é amigo das Construtoras que construen e xestionan autoestradas e parquins e inimiga da xente traballadoras que lles vota. Viva a DEMO cracia
Veciñ@ e Usuari@
Xoves 30 de Decembro de 2010 ás 20:07 horas
A Xan:
Si Xan, pero amijo, Xan,.... ti non lees na prensa unha chamada Autovía da Morte?, que non queren nin en Mos! Na prehistoria morría a xente por un sarampión, pero ti queres morrer ao moderno! Na Autoestrada! Amigho Xan non só non temos conexión a Autovía senón que temo conexión ca AP-9 pero temos que ir a Chapela a collela pero é que se saimos en Cabanas, os que van pa Cangas e Moala saelles gratis, pero nos pagámola! Temos a N-552 cara Vigo, pero que é Vigo, senón un funil. Ben, os novos paruins construidos en Vigo, máis a empresa que xestiona a zona a Azul estante esparando cos brazos abertos, Xan. Tamén temos unha vía do tren, que para na Picota, na estación, nos Valos, Cesantes, Chapela, SOMOS O CONCELLO DO SUR DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA E DA NACIÓN DE BREOGÁN E PODE QUE ENTRE AS PRIMEIRAS DE EUROPA, CON MÁIS PARADAS DE TREN PERO XAN QUE NON É UN PREHISTÓRICO NON O COLLE, PORQUE SE SINTE MÁIS MODERNO XOGANDOSE A VIDA OU XOGANDO CA DOS DEMÁIS, POLA N-552, OU NUNHA AUTOESTRADA, AINDA QUE SEXA DA MORTE, QUE MÁIS DA UNHA REDE DE ESTRADAS, NAS QUE MORREN MÁIS DE 3000 ESPAÑOIS TODOLOS ANOS QUE UNHA REDE DE FERROCARRIL, NA QUE NON MORRE NINGUÉN? O COCHE PARTICULAR, É O SIMBOLO DO MODERNISMO E DO PROGRESO SOBRE TODOLAS COUSAS, ASÍ PASEN 200 ANOS. VERDADE XAN? Temos ademáis duas emrpesas de autobús que pasan regularmente por redodnela en sentido a Vigo, en sentido a Pontevedra, ou a Tui. Tamén tivemos noite bus, pero di Feijoo que Xan eos amigos do progreso non o collen, e preferible collelo coche ainda que sexa despois de 4 cubatas, porque é mási moderno, e quedas quenindiós cos colegas, e co alcalde.

Amigo Xan, somos dos concellos de Galicia que máis temos, temos de todo, pero non sabemos aproveitalo. Moitas destas cousas nons e fan para nos, pero ben, que o fagan, ao mellor un día podemolo usar, ou mira ti, é preferible saber que teu fillo morreu na autovía preto da casa que no avión camiño de Barcelona!

Ti argumentaste no progreso, pero no neardental, o homo sapiens, que non sabía nada en comparación co que sabemos nos, era máis consciente ca ti de que sen auga, osixeno, e terra que produza o sustento, non hai vida. O progreso que ti defendes, destrue todo o que sustén a vida, e ademáis, o pouco que queda o comercializa en botella, ou envase plastico, para quen poida pagalo. O que non que se foda e vaia andando. O teu progreso está acabando cos manatiais de auga, co aire limpo, ca paisaxe, ca terra fertil, cos rios e rias, queconservados saudablemente son fonte eterna de vida, e son un patrimonio común da humanidade. Temos un pais envaxable, pero Xan vos odiadelo, queredes cementar o manto verde, queredes o gris sobre o verde, o oscuro sobre o claro, o negro sobre o branco, o mal sobre o ben, o privado sobre o común, . . . . Vaite ao carallo XAN!
Arturo
Xoves 30 de Decembro de 2010 ás 11:59 horas
Home Xan se queres podes nomear a todos os concellos que están á beira da autovía: malo será que non teñan acceso á mesma!!! Concellos do sur: dende A Garda ata Soutomaior poderiamos citar moitos máis que non a teñen e onde se vive moi ben por certo.
Se para tí progreso é asfaltar, pois vale!
Para mín progreso é procurar unha maneira de vivir o mellor posible. Sen reventar á natureza e disfrutando dela. Para min progreso son rúas peonís, e non chegar co coche ata o palco da festa. Progreso é Pontevedra, onde se incrementou a calidade de vida sacando vehículos das rúas, iso é progreso, non aumentar de xeito indiscriminado a circulación de coches.
Agora que se está a valorar a construción da planta de tratamento de residuos sólidos urbáns (antes chamábase vertedoiro, pero era na prehistoria) na zona sur de Galicia, supoño que polo progreso non terás inconvinte en que a poñan en Redondela: de seguro que incrementaríanse as comunicacións co resto do mundo ademais de facernos un parque acuático e incrementar o IBI e outras taxas, co cal seríamos un Concello dos mais ricos.
Podedes dicir o que queirades: a A-59 é un capricho de catro iñorantes analfabetos funcionais metidos a políticos!!!
Xan
Xoves 30 de Decembro de 2010 ás 10:00 horas
E se seguimos na prehistoria, illados de todo que tal. Lembro que somos o único concello do sur de Pontevedra sin conexión con autovia, vexase Porriño, Mos, Ponteareas....
Mentres seguimos coa nacional 552 chea de tráfico.
Veciñ@ e usuari@
Mércores 29 de Decembro de 2010 ás 15:52 horas
E se Fomento non construe a A-59, nin se amplia a AP-9, se construe unha estación intermodal en Urzáiz, se manten a actua via do tren por Chapela, e conexión por ferrocarril co aeroporto, xenial para Redondela e o planeta, pero penso que nada disto ten pensado o Pepino Branco!
[1-5]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: