www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 4 de Agosto de 2020

O BNG denuncia os recortes orzamentarios da Xunta en Servizos Sociais
Institucional • 30/12/2010
Autor: M. X. Queimaliños

A Concelleira de Servizos Sociais, Rosa Costas asegura que os recortes orzamentarios para o 2011 van afectar directamente aos máis desfavorecidos xa que se reducen as partidas destinadas dende a Xunta a políticas sociais. O PP asegura que "3 de cada 4 euros dos orzamentos dedicaranse a servizos sociais"


Unha moción presentada polos nacionalistas trasladou onte ao pleno de Redondela o debate en torno aos recortes orzamentarios da Xunta. Dende o BNG asegúrase que as partidas económicas que se van destinar nos orzamentos autonómicos a políticas sociais vanse ver reducidas notablemente e acusan ao PP de "mirar para o outro lado nun momento no que máis familias está a sufrir os efectos da crise". Así se manifestaba a edil do bloque, Rosa Costas quen engadiu que cando maior é a necesidade de financiamento para atender aos máis necesitados "o PP decide conxelar as partidas a servizos sociais". Segundo explicou a nacionalista no 2011 o goberno de Feijoo paraliza "o plan concertado, conxela as partidas do RISGA e emerxencia sociais e non se aportan cartos para atender aos novos dependentes"


Dende o PP botaban man das cifras para rebater estas afirmacións. Alberto Pazos aseguraba que "3 de cada 4 euros dos orzamentos da Xunta dedícanse a servizos sociais". Engadía que moitas das partidas sociais non so non ser reducen senón que incluso se viron incrementadas respecto das achegas feitas durante o goberno do bipartito

Comentarios
Harpo Marx
Domingo 2 de Xaneiro de 2011 ás 16:59 horas
Dende www.faloderedondela.es.tl queremos agradecer a colaboración totalmente desinteresada que tivo Radio Redondela connosco. Como de ben nacido é ser agradecido, vémonos obrigados a poñernos aos pés do Sr. Pazos polo comportamento que tivo connosco, permitíndonos a utilización das súas infraestruturas, como medio publicitario da nosa páxina. Por todo isto, só podemos dicir que Deus vos garde moitos anos, pero moitos, moitos... tanto a ti coma a Dña. Cecilia.
[1-1]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: