www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 4 de Agosto de 2020

Reboreda prepara mobilizacións contra a A-59
Sociedade • 31/12/2010
Autor: M. X. Queimaliños

Os veciños da parroquia iniciaron xa unha campaña de recollida de sinaturas logo de coñecerse que a empresa Acciona comezará o 10 de xaneiro coas catas xeolóxicas e a delimitación definitiva do trazado

 


Douscentos veciños asistiron onte en Reboreda a unha xuntanza convocada por diferentes colectivos da parroquia para analizar as últimas informacións sobre o proxecto de Fomento para a A-59. A Comunidade de Montes, a asociación de veciños Alvedosa e a Plataforma Cidadá contra a Autovía explicaron aos asistentes que o proxecto de execución está xa aprobado e que a empresa Acciona ten pensado comezar coas catas xeolóxicas e a delimitación definitiva do trazado a partir do 10 de Xaneiro.


De todos os presentes só unha persoa apoiou a construcción da autovía, mentres que o resto dos asistentes acordaron iniciar un calendario de mobilizacións e accións protestas.


A primeira destas accións será recoller sinaturas solicitando a paralización do proxecto, unha sinaturas que lle serán trasladadas ao Concello de Redondela, ao Ministerio de Fomento e a Demarcacións do Estado.

Comentarios
O poder está no pobo
Luns 17 de Xaneiro de 2011 ás 19:12 horas
Hai que ser valiente para expresar públicamente o noso desacordo cós polítcos de turno. Hai que ser valiente para facelo cando sabemos que os seus acólitos axiña lle van có conto ós amos (políticos). Xa sabemos que de seguir o mesmo goberno isto vainos perxudicar ós que dicimos a verdade, os que temos o valor de facela pública. Pero aínda así: gritamos AUTOVÍA NON.
O poder é dos cidadáns, demostrarémoslles cal é a nosa postura maioritaria, a pesar dos votos cautivos que intentan machacarnos na sombra.
Despertamos por fin, estamos aqui e faremos escoitar a nosa razón.
don gaime
Luns 10 de Xaneiro de 2011 ás 21:32 horas
como aparece en frente da casa de don gaime autobia non,q lucida é a xente,
quen confia en montiagudo q naceu cunha botella debaixo da boca.
AIXAN
Mércores 5 de Xaneiro de 2011 ás 14:55 horas
Advertencia, para que vos quede claro aos que estades decindo que os que estamos contra a Autovía somos do PP: o PP está a favor da autovía, da alternativa 11, nos non. Nos estamos en contra de todas as alternativas, non queremos ningunha autovía que pase por Redondela. E por outra banda electoralmente somos máis proclives á abstención, pero como se ve que pensades que os veciños discolos ca autovía somos como do PP, e nos botades por riba unha merda de calunnias, tede coidado non votemos NULO. m8c9ejgx
Lector
Mércores 5 de Xaneiro de 2011 ás 02:14 horas
solo unha persoa votou a favor da A-59. Como di o refrán "onde non hai non se pode pedir".
Mingos
Mércores 5 de Xaneiro de 2011 ás 02:08 horas
Reboreda despertou. Xa era hora.
PP
Mércores 5 de Xaneiro de 2011 ás 02:04 horas
Seguide, seguide, xa nos estades facendo vós a campaña electoral. Os votantes xa están fartos de que lles mintan, de que non se lles escoite. Se a última vez gañamos, desta ímos arrasar. Gracias pola vosa axuda.
Que quede claro
Mércores 5 de Xaneiro de 2011 ás 01:58 horas
E dalle co PP. Non van empezar cos traballos, seguen co estudo do proxecto. Que ata agora non saíra nos medios de comunicación non quere dicir que estiveramos dacordo, tan solo agardabamos o momento axeitado para gritalo: NON A A-59.
Curioso
Sábado 1 de Xaneiro de 2011 ás 20:26 horas
Curioso que cando xa empezan os traballos empecen de novo as movilizacións,o do PP é pura campaña electoral
un mariñeiro
Venres 31 de Decembro de 2010 ás 15:36 horas
Señoritos do PP de Redondela, na confraría non queremos un megaporto, queremos unhas instalacións dignas para as mariscadoras, con vestiarios para poder cambiarse a día de hoxe fanno na rúa con auga auga quente etc.. e unha lonxa en condicións con saneamento, camaras de frio e xeo e depositos de auga salagada e departamentos para os mariñeiros e sobre todos que nos tiren ese peirao feito de recheos que esta mantando a praia e fangan un en pilotes para faborecer o paso das corrente e recuperar todo o entorno, que a día de hoxe e unha lameira.
Un dato somos a confraría que mais paga a Portos de Galicia da ría de vigo.
PP de Redondela, votando non a esta iniciativa, amosades de parte de quen estades. ni un so voto das xentes do mar para estes elementos.
[1-9]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: