www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 4 de Agosto de 2020

Evacuado un veciño por un incendio na caldeira da súa casa en Chapela
Sucesos • 31/12/2010
Autor: M. X. Queimaliños

O lume orixinouse nunca caldeira de gasóleo e causou importantes danos materiais no inmoble, en cuxo baixo hai un taller de carpintería de aluminio. O propietario tivo que ser trasladado a un centro hospitalario con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono


O Grumir de Redondela foi o primeiro en acudir ao sinistro sobre as tres da madrugada de onte así como a Policía Local e os bombeiros de Vigo. O lume, que provocou importantes danos materiais da vivenda na que está instalado ademais un taller de carpintería de aluminio, orixinouse posiblemente por un fallo eléctrico na caldeira.


O incendio propagouse ao andar superior onde residen o propietario do negocio, a súa muller e un fillo, sendo afectadas polas lapas o balcón da vivenda así como dous cuartos.


Unha ambulancia do 061 evacuou sobre as 5:30 horas da madrugada ao home de 65 anos de idade con síntomas dunha posible intoxicación por monóxido de carbono, pero xa foi dado de alta.
O lume causou importantes danos materiais na vivenda unifamiliar ubicada no número 21 da rúa Manuel Rodríguez Casal na zona de Caardona xa que danou completamente o baixo onde se atopaba o negocio de aluminio Sistemas Cardona 25 SL.

Comentarios
Harpo Marx
Domingo 2 de Xaneiro de 2011 ás 16:58 horas
Dende www.faloderedondela.es.tl queremos agradecer a colaboración totalmente desinteresada que tivo Radio Redondela connosco. Como de ben nacido é ser agradecido, vémonos obrigados a poñernos aos pés do Sr. Pazos polo comportamento que tivo connosco, permitíndonos a utilización das súas infraestruturas, como medio publicitario da nosa páxina. Por todo isto, só podemos dicir que Deus vos garde moitos anos, pero moitos, moitos... tanto a ti coma a Dña. Cecilia.
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Venres 31 de Decembro de 2010 ás 12:43 horas
As miñas felicitacións e agradecemento aos servizos públicos de salvamento e especial ao GRUMIR de Redondela. A súa efectividade e bo servizo non é algo fortuito e está directamente vinculado a vocación, preparación persoal, etc. d@s membr@s deste servizo e ao seu caraceter de servizo público. O GRUMIR de Redondela demostra unha vez máis a necesidade deste servizo próximo a cidadanía. Noraboa tamén a tod@s @s veciñ@s que conscientemente apostan polo mantemento e mellora deste Servizo Público. Feliz Ano Novo a tod@s
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: