www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 4 de Agosto de 2020

As cabalgatas e os ranchos de Reis pechan as celebracións do Nadal
Cultura • 3/01/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Ademias das tradicionais cabalgatas que percorrerán o centro da vila repartindo caramelos a partir das 19:00 horas do mércores un ano máis non faltarán as Rondallas e Ranchos de Reis que amenizarán as comprar na feira do día 6. Na mesma xornada soarán a partir das 9:30 horas os cantos de Reis en Saxamonde.


Como é habitual serán as cabalgatas nos diferentes puntos do concello as encargadas de poñer o remate ás celebracións do Nadal. En Redondela a cabalgata percorrerá o centro da vila na tarde do mércores a partir das sete. Os reis magos repartirán caramelos entre todos os cativos que se atopen a esas horas vendo o tradicional desfile.


E o xoves coincidindo coa feira do día seis, unha das máis visitadas do ano, as Rondallas e Ranchos de Reis amenizarán coas súas música e os seus espectáculos a todos os que se atopen no centro da vila  partir das once da mañá.


Por outra banda en Chapela tamén celebran a chegada dos reis cunha cabalgata a partir das 18:30 horas que partirá dende o Alto da Encarnación.


Percorrerá a Avenida de Vigo ata as catro ponte acabando no Círculo Cultural Recreativo, onde as Súas Maxestades visitarán o Belén Vivinte e recibirán aos nenos.


Pola noite gran baile de reis coa actuación da orquestra D'Moda. Haberá tamén sesión discoteca no auditorio do círculo cultural recreativo da parroquia e a directiva do centro repartirá chocolate e roscón para todos os asistentes.


Saxamonde constrúe con chocolate


O Centro Cultural de Saxamonde organiza, mañá martes día 4 de xaneiro, unha tarde de construción en chocolate. O obradoiro estará impartido por Luisa Cayetano, veciña da parroquia e experta na gastronomía para cativos. O chocolate, na súa versión negra e branca, servirá a un tempo de masa e bloque para edificar diferentes figuras. A actividade está aberta a todos os públicos pero, en especial, aos máis cativos a partir das 16:00 horas.


O Centro Cultural Chan das Pipas lembra tamén que o día 6 de xaneiro sairán os rapaces e rapazas da parroquia cantar os Reises pedindo o aguinaldo. O inicio do percorrido é o Centro Cultural e a hora as 9:30.


Soutomaior


Tamén celebracións noutros puntos da comarca, así o mércores a chegada dos Reis Magos a Soutomaior está prevista para as catro e media da tarde. Os cativos poderán recibilos no multiusos de Arcade onde haberá ademais unha festa con animación infantil.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: