www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

As mariscadoras maiores de 65 anos sen pensión esixen seguir traballando
Sociedade • 10/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

A confraría de Redondela súmase ás protestas contra a retirada da axuda de 550 euros ás mariscadoras de a pé maiores de 65 anos que carecen de pensión por non ter cotizado un mínimo de 15 anos. A Consellería do Mar retirou o subsidio mensual polo que as confrarías demandan que se lles permita seguir faenando. En Redondela son 13 as mulleres afectadas.

 


A nova Lei de artes e aparellos aprobada pola Xunta elimina a axuda de 557 euros que ata o momento cobraban aquelas mariscadoras a pé maiores de 65 anos de non cotizaran o tempo suficiente para cobrar unha xubilación. Esta axuda, implantada polo bipartito no 2007, pretendía garantir a subsistencia das mariscadoras que cumprida a idade de xubilación non tiveran cotizado á Seguridade social durante un período mínimo de 15 anos.


Angel Lusquiños López, secretario da confraría, non entende por qué a Xunta nega a estas mulleres o dereito a seguir traballando xa que perdida a axuda e sen pensión, esa é a saída que lles queda para cobrar un salario.


A Consellería do Mar mantén a liña destinada a subvencionar o pago da cotización á seguridade e que se establece nun máximo de 350 euros pero elimina a axuda asistencial que as mariscadoras recibían durante os anos que lles faltaban para acceder á pensión.


Dende a Asociación galega de mariscadores denuncian que esta decisión da Xunta deixa a algunha das afectadas nunha situación de indixencia e piden á Xunta que se lles permita seguir a faenar ata cotizar o período mínimo necesario.


En Redondela as afectadas son 13 mariscadoras, cifra que podería incrementarse ao longo deste ano no que hai varias traballadoras do mar que cumprirán os 65 anos.

Comentarios
miserentos
Venres 11 de Febreiro de 2011 ás 18:46 horas
Esta e unha medida miserable, por certo estes son os mesmos do PP con Javierin o fronte, que fai unha semana viñeron o porto de Cesantes a vender fume, en total decian unha inversión de 6 millóns de euros e agora deixan na miseria a unhas probes mulleres de caseque 70 anos, Javierin e Cia, debiriades pedirlle perdon a estas mulleres.
Víctor Manuel Fuentes Viaño
Xoves 10 de Febreiro de 2011 ás 23:43 horas
A Reforma Laboral, xa asinada, condena a máis traballador@s a seguir os pasos destas mariscadoras. Eso que din os partidos políticos que son democráticos e que representan ao pobo, e logo non hai un partido político local que represente aos 9000 veciños que se manifestaron expresamente cunha alegación contrarios a A-59. Podemos ter a satisfacción de estar en Europa e ainda así perder máis dereitos democráticos. Estamos na OTAN e podemos presumir de ser un asasino colonialista máis, sometendo aos máis débiles e roubandolles os seus recursos minerais ou pesqueiros, por exemplo. É probable que nos sentamos orgullosos de avanzar en doses de "progreso" cunha nova autovía", co AVE, etc. E os cidadáns que lexitimamos aos políticos que aprovan estas cuestións, deixan aos traballadores, sen traballo, sen subsidio, sen teito, prefiren gastar os cartos en pedra, antes de axudar a quen máis o necesita. Que bo destino terían os 54.000 euros que segundo se conta polo facebook, non se van gastar na fonte proposta para sustituir a farola.



[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: