www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Rei renuncia a retirar o farol da praza de Ribadavia para evitar posibles prexuízos electorais
Institucional • 11/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

As reticencias do candidato socialistas á alcaldía Eduardo Reguera poderían estar detrás da decisión do actual rexedor local Xaime Rei a aparcar o proxecto de remodelación da praza de Ribadavia que contemplaba retirar o emblemático farol e substituílo por unha fonte luminosa en forma de pirámide triangular de máis de seis metros de altura obra do escultor Acisclo Manzano.


Rei anunciara o pasado 20 de xaneiro o investimento de 54.000 euros en dita escultura que ía cambiar radicalmente a imaxe que a día de hoxe presenta a praza. Sen embargo, tres semanas despois da marcha atrás e anuncia que a farola seguirá no seu sitio.


O motivo, evitar posibles prexuizos electorais ao candidato socialista Eduardo Reguera logo de que a medida non fora ben recibida por moitos veciños.


Explica Rei que a tan so uns meses dos comicios municipais prefire non acometer esta obra e deixar en mans da futura corporación a remodelación da praza, que ao seu entender é imprescindible.


Insiste en que si repetira el como candidato non dubidaría en seguir adiante co proxecto, pero que entende que non debe tomar decisións que afecten electoralmente a terceiras persoas.

Comentarios
redondelana
Luns 21 de Febreiro de 2011 ás 16:51 horas
claramente os adornos viciñ@, ou non ves que as primeiras estatuas do concello son eles mesmos, paciencia que se aproxima un bo cambio no goberno, confiemos no pp que parece que vai polo bo camiño
Viciñ@
Domingo 20 de Febreiro de 2011 ás 19:01 horas
54.000 euros nunha fonte de cucurucho para sustituir outro elemento decorativo e o GRUMIR de Redondela na rúa. Xa temos bastante decoradas as ruas e a casa consistorial cheas de cousas estáticas que estorban. Como pode ser que a pesar de que non se coloque a fonte e o compromiso xa esté pechado e a fonte se compra ou se compra, mentres os parad@s como @s servizo público municipal do GRUMIR, non se comprometen nin a contratalos! al é preferencia do goberno municipal, os adornos ou as persoas?
redondelana
Xoves 17 de Febreiro de 2011 ás 13:27 horas
manda carallo!!!!!!!! eu cada día estouche máis asustadiña, non temos un duro no concello, e ás mentes privilexiadas da esquerda dáselles por poñer unha fonte no medio da praza. Eu xa tiña claro que o que nos toca pasar polo goberno que temos é fame e sede, pero por favor, non haberá mello sitio no que meter eses cartiños???? o peor é que os de antes( xaime e compañía) non tiñan sentidiño ningún, pero os de agora non quedan atrás. Sr. Reguera é mellor que se dedique a facer encaixe de bolillos porque polo que vexo a xestión dun concello coma o de redondela quédalle moi grande, e a súa fonte vainos evitar pasar sede, pero polo demáis váinos a deixar como estabamos.
Cuestións lingüísticas
Sábado 12 de Febreiro de 2011 ás 10:07 horas
En galego débese dicir prexudicar e prexuizo que serían as equivalentes tanto de "prejuicio" como "perjuicio" en castelán
Arturo
Venres 11 de Febreiro de 2011 ás 23:47 horas
Avogado:
1.- Se é unha maioría: Xaime Rei é un sobrado prepotente. Pois él faría algo contra a maioría por que quere, por desafío.
2.- Se é unha minoría, logo, por qué vai ser un perxuício electoral, non o deixaría.
3.- Se é unha minoría pero ruidosa, a maioría apoiaría a decisión do alcalde, por qué retirar a obra unha vez que xa está pagada e encargada?
Nos casos 2 e 3 o incapaz é un irresponsable, e no caso 1 un prepotente, escolle tí. De todos os xeitos, non temos datos, igual él sí.
En canto a representatividade, xa te contestaron, goberna un pobo de 30.000 habitantes con 4.400 votos, ou sexa, que representatividade, a mínima, calcula tí a porcentaxe.
Central Avenue!
Venres 11 de Febreiro de 2011 ás 23:37 horas
Querido Alcalde:

¡Hoy te tiraste unas pocas farolas o faroles! ¡Es tu estilo! En circunstancias como estas, decir que con la "humanización" de la Avenida Central está todo el mundo encantado, es una burrada ¡que sólo se te puede ocurrir a ti! ¡Es el mayor estropicio que hiciste en Redondela! Llenar de obstaculos toda la avenida central, para ahora escharle multas a los que trabajan en la descarga de la fruta, en la descarga del tabaco, en el reparto de periodicos, a los que van a comprar medicinas, a la imprenta de Amador o a tomar tortilla al Zeus, . . . . ! Le ofrezco mi voto a cualquier candidatura que urbanice la avenida central con un carril para servicios, contenedores de basura, aparcamiento de urgencias, o los jodidos de prostata como tu que en caso de urgencia puedan ir a mear. ¡Vete sin hacer más ruído y que te vaya bonito!.
O deaño
Venres 11 de Febreiro de 2011 ás 22:32 horas
Avogadododianho e a ti quen te nombrou avodado do Deaño? Houbo unha oposición? Ti de donde eres? Ti tes memoria? Ti sabes que en Redondela de todos os que aquí vivimos só 30.000 estamos censados, e que só 19.000 temos dereito a voto, e que só uns 4.500 votaron a Xaime Rei. Sabes que Xaime Rei perdeu nas últimas eleccións máis de 1.500 votos. Sabes que Xaime Rei, leva alo menos 3 lexislaturas sostendo o seu goberno polo voto trizoeiros do BNG? As urnas non o din todo, pero polo menos o que si din ou xa dixeron non o omitas, Xaime Rei, ven perdendo unha gran dose de apoio popular, o 60% dos 19000 redodneláns con dereito a voto, non lles interesa ningúnha organización das que se presenta, e nas vindeiras eleccións esa porcentaxe vai subir se presente Xaime Rei ou non
xaestasbebedasuellen?
Venres 11 de Febreiro de 2011 ás 15:20 horas
Sábese si o prexuízos electorais van a ser peores que os perxuizos electorais?

Rei renuncia a retirar o farol da praza de Ribadavia para evitar posibles prexuízos electorais
Institucional • 11/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

PD. O copio xa que logo cambiades a errata e me fodedes a brincadeira
avogadododianho
Venres 11 de Febreiro de 2011 ás 14:38 horas
Inda non sendo pra nada Rei nin os seus da miña corda, unha matización. Quen di que a MAIORÍA dos cidadáns está en contra da remodelación da Farola? Houbo un referendo? Porque ben puidera ser unha minoría, ruidosa pero minoría, quen se expresa en contra. Entón aí, sí tería razón o señor Rei cando di que, porque uns poucos protesten ruidosamente, non ía deixar de facer algo co que, segundo el, a maioría estaría de acordo. Si se equivocaría ou non, diríano as urnas.
E as urnas parece que lle teñen dado a razón. Parece que actuacións destes sociolistos que tan desacertadas nos parecen a algúns, si son do agrado da MAIORÍA que, as veces, tanto se invoca.
Temos o que nos merecemos? Tal vez, se non fora porque para escoller libremente hai que ter coñecemento. E chéganos muita porcaría e muita propaganda e case nada de información.
Mario
Venres 11 de Febreiro de 2011 ás 14:17 horas
Arturo, tes razón. Este é un exemplo máis de democrácia e de progreso. Imos a peor, ata os cidadáns estamos proscritos na Casa do Concello. Os cartos gastanse igual, que non vai quedar Xaime mal co escultor. Algunha escultura particular tivo que facer este para Xaime Rei, porque tanto interés, non se entende, non só non é oportuno non sustituir a farola, nin gastar os 54.000 euros, é que tamén o escultor é de mal gusto! Menos mal que o alcalde xa se vai. Xa só con iso todos saimos gañando, ainda que Reguera non faga nada.

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: