www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Por unha estrada máis segura
Sociedade • 11/02/2011
Autor: Ana Prieto

Os veciños maniféstanse en xeral a favor da decisión do Concello de solicitar a instalación de pasos de peóns elevados na estrada de Cesantes, sobre todo na contorna da discoteca A Fábrica e o Centro de Saúde. Con todo, moitos advirten que esta medida non será suficiente para mellorar a seguridade viaria se non vai acompañada dunha maior vixilancia policial, sobre todo polas noites e as fins de semana.


Para os milleiros de persoas que cada día se achegan á estrada de Cesantes, desde a zona dos colexios ata o Centro de Saúde, a instalación de pasos de peóns elevados é "unha boa nova". O Concello de Redondela solicitou á Subdirección Xeral de Estradas da Xunta a construción de catro destes pasos na estrada provincial, o que suporá un reforzo para a seguridade viaria. Unha cuestión reclamada polos veciños, sobre todo despois de que se producise a finais de novembro o atropelo mortal dun mozo de 15 anos nas inmediacións da discoteca A Fábrica.


O primeiro dos pasos de peóns elevados situaríase á altura do IES Illa de San Simón, zona moi transitada onde se atopan catro centros de ensino, a gardería infantil, a piscina e o pavillón municipais e un centro de formación. Con todo, os que a diario acoden a levar ós seus fillos salientan que na contorna dos colexios "non hai problemas para cruzar", polo que os pasos elevados "non serán útiles", xa que nos horarios de entrada e saída ós centros hai atascos, polo que os coches "circulan amodo, en caravana". Onde si entenden que é "moi necesario" este paso elevado é nas inmediacións da discoteca A Fábrica, zona moi frecuentados por mozos, cunha gran afluencia de tráfico nas fins de semana a velocidades inadecuadas, o que supón "un verdadeiro perigo", como nos relata Lucas. Con todo, moitos veciños como Mari e Rosa advirten que esta medida "non será suficiente" para mellorar a seguridade viaria se non vai acompañada dunha "maior vixilancia policial", sobre todo polas noites.


O terceiro paso situarase diante do Centro de Saúde, onde tamén se fai moi necesario xa que son moitas as persoas que acoden a diario, en ocasións xente maior e con dificultades de mobilidade, que precisan dunha maior seguridade. Adela, veciña de Quintela que visita o centro regularmente móstrase "moi satisfeita" coa medida, xa que será "a única maneira de que algúns condutores respecten os pasos de peóns", ao verse obrigados a frear.


O último paso construiríase á altura do Centro de Día que se está a construír na baixada cara ao peirao, xa que se está previsto que sexa unha zona moi concorrida por persoas de idade e con dificultades de mobilidade.


Polo de agora o Concello aínda non recibiu resposta a súa solicitude por parte da Subdirección Xeral de Estradas. Eduardo Reguera, concelleiro de Tráfico, confía en que despois da visita dun técnico deste departamento constatando as necesidades, as obras se fagan canto antes.

Comentarios
Pan para hoxe
Domingo 13 de Febreiro de 2011 ás 17:22 horas
De burrada nada Suso: Os políticos, teñen motisima responsabilidade. Indudablemente cad aun de nós tamén, pero a clase política non está a facer moito por reducir o número de mortes, senón máis ben como mínimo consinten que se den as circunstancias baixo as cales o risco de sufirr un accidente mortal é maior. As medidas que toman son maiorítariamente mera propaganda, e polo xeral insuficientes. A clase política obten maiores beneficios a conta de que a xuventude se drogue e alcolice. En Redondela, comom noutros concellos, a clase política e sobr etodo a que goberna deixase influenciar moito polo sector hosteleiro, que reacciona moi mal as medidas de control do consumo do alcool ou campañas de concienciación, e antepoñen o seu benefico económico ao beneficio social. O estamos vendo claramente ca lei antitabaco, ca dura resistencia e oposición que está facendo a hostelería contra unha lei que debera ser aplicada hai anos e que tan manifestos e indiscutibles beneficos ten para a saude da sociedade. A burrada é ter un local aberto ao público e con licencia pública e logo argumentar que se está indignado porque no "seu local" non poida impoñer o seu criterio contra alei porque é o "seu local" e polo tanto se fume.
Suso
Domingo 13 de Febreiro de 2011 ás 14:26 horas
Pero como podes dicir semellante burrada?eiquí os únicos culpábeis son aquelas persoas que se adican a correr co coche ou ir bébedos nel!eses son os verdadeiros culpábeis
Pan para hoxe morte para mañá
Venres 11 de Febreiro de 2011 ás 22:10 horas
O problema non son os pasos de cebra, o problema son os hábitos de consumo, neste caso de alcol. O problema tamén son os hábitos de conducción responsable. Tan ouco hai moita conciencia. Reguera é mellor que se adique a botar foguetes, que eso faino moi ben, pero de tráfico, .. faltalle conciencia, sensibilidade. Suxiro que a próxima campaña da DGT, aborde dunha vez un dos verdadeiros responsables de moitas mortes na estrada " A clase política, Mata!"
ParaLorcha
Venres 11 de Febreiro de 2011 ás 16:14 horas
Pois a estrada ben que é da xunta,haber si vai ser que os do PP non fan todo ben tampouco
LORCHA
Venres 11 de Febreiro de 2011 ás 14:34 horas
Convén recordar que foron os pais do rapaz falecido quenes solitaron aos do PP que propuxeran medidas para solucionar o problema nesa estrada. ¿ Agora vai resultar que foi cousa de Eduardo? Pero se fai anos que os veciños lle pediron que tomase medidas e non fixo nada. Ainda che quedan tres meses de chollo Eduardo, a ver se os aproveitas a fas o que non fixeches en oito anos.
[1-5]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: