www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Un febreiro máxico no Multiusos
Cultura • 11/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O mago redondelán Eloi Crespo é o encargado de argallar o proxecto Búrbida Máxica que permitirá achegar o ilusionismo, os xogos de cartas e o humor ao Multisuso durante tres venres consecutivos a través dos espectáculos de sete magos.


Durante tres venres consecutivos pasarán por este edificio sete magos cos seus espectáculos co obxectivo de comunicar e entreter a través da maxia de proximidade. En cada sesión serán tres artistas os que convidarán ao público á achegarse á maxia rompendo a idea do teatro en sala e promovenco un espectáculo para público reducido e en constante movemento.


Os primeiros en actuar esta mesma tarde noite a partir das nove son o Mago Xosé cun espectáculo de cartomaxia, o Sr Óscar coa súa maxia de salón e Eloi Crespo, quen fai do humor un elemento fundamental da súa actuación.


Nos vindeiros venres estarán tamén en Redondela o Mago Noel, Alán El Mago o


Mago German, cun espectáculo de manipulación de obxetos e micro maxia, e o Mago Eloi.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: