www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

O Ministerio de Fomento amplía o prazo de alegacións da A-59 ata o 3 de Marzo
Institucional • 11/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Dous técnicos do Concello continuarán informando aos veciños do trazado en horario de 9:00 a 14:00 no Multiusos da Xunqueira. A Plataforma Cidadá entregou onte a súa alegación en Pontevedra na que demandan a paralización do proxecto entre outras razón por non terse "realizado un estudo de impacto ambiental de este trazado concreto, senón partindo das abstraccións do estudio informativo, publicado hai xa tres anos".


O Ministerio de Fomento decidiu prolongar o período de exposición pública e alegacións do proxecto da autovía A-59 entre Pontevedra e Peinador ate os primeiros días de marzo concretamente ata o xoves día 3 debido ao atraso que sufriu a publicación do anuncio en prensa.


Ata esa data as persoas interesadas en ver os planos e coñecer máis polo miúdo o trazado elixido por Fomento poderán contar co asesoramento de dous técnicos que os atenderán en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas no Multiusos da Xunqueira.


Alegación da Plataforma


A Plataforma Cidadá contra a Autovía presentou xa a súa alegación apoiada polas sinaturas de 1.600 cidadán  e a adhesión explícita de 57 colectivos, entre os que están asociacións de veciños, federacións de asociacións de veciños, comunidades de montes, mancomunidades de montes, comunidades de augas, asociacións culturais, grupos ecoloxistas e partidos políticos.


Ademais de remarcar os efectos negativos que a obra terá para o territorio por onde discorre e o "malgasto de cartos que supón un proxecto innecesario" no escrito alegan que non existe un estudo de impacto ambiental do trazado concreto que quere aprobar o Ministerio.

Comentarios
Miguez
Luns 14 de Febreiro de 2011 ás 08:51 horas
Eu creo que presionar ós políticos e obrigar na medida do posible que fagan o seu traballo non está mal. Que xa debería ser de asi, é obvio. Respeto ás charlas, eu non digho que veñan facer mítines senon que expliquen o que defenden e se enfronte coa realidade, co que a xente pensa e opina a xente ó pé da rúa, indo polas parroquias escopitando e non esperar que lle cheguen os recados ó concello.

Por outro lado, o de autoorganizarse está moi ben, eu creo na autoorganización social e asociativa. (Hora si, non creo na desorganización ineficiente, anárquica e que non se concreta en feitos. Non hai que confundir). O que non hai que esquecer é que toda organización ou autoorganización é política -no seu significado literal, non pexorativo- e en moitos casos dá lugar a partidos políticos, tal como se pode ver nalgúns casos, o cal non o considero malo se as coonvicións son claras.

Por certo, o prazo ampliouse porque xustamente Fomento tivo un erro ó sacar demasiado tarde o anuncio das expropiacións nos periódicos.

Saudiños.
Alguén
Sábado 12 de Febreiro de 2011 ás 01:16 horas
Logo venderá Fomento que ampliou o prazo e dirá o concello que será grazas á súa intermediación... para no final nin contestar as alegacións!!

Alguén sabe cantas foron?
Arturo
Venres 11 de Febreiro de 2011 ás 23:34 horas
Ostrás, eu defendendo ao PP? Se o fixen estaba bébedo, pero bébedo bébedo, eh? Preto do coma etílico, meu deus!!!!
Non serás tan simple de que por non crer nos paxariños preñados son do PP, non?
Mira, es simplón, pero moi simplón, os que non están conmigo, están contra mín, e si non repites o Karma, estás fodido.
O certo é que o falar non ten cancelas, e estar en posesión da verdade absoluta, tamén. Que peniña dades.
Por certo, algunha información á algunha xente xa lle dín, dentro das miñas posibilidades, e pódoche asegurar que a xente non sabe o que se lle ven enriba. Cando se dean conta será tarde.
Vouche recordar unha canción da miña época titulada "el gurú" :
"Ven , cómeme el coco y muéstrame la verdad".
Fontes
Venres 11 de Febreiro de 2011 ás 21:58 horas
Din que levamos 35 anos de democrácia, e vos seguides confiando na clase política? Non todas as charlas son útiles. Os políticos se fan charlas, chamanselle mitíns, e non pretenden convencer, senón entreter. Queda moito que facer, pero o camiño é que os veciños nos organicemos, e que sexamos nós e sempre nós os que promovamos as charlas, nos autoorganicemos, autoxestionemos, incluso autogobernemos, por que para autoencherse os bolsillos de cartos e a boca de babosadas, xa está a clase política. En serio, non deleguedes, non esperedes a que vos veñan salvar, nin resolvervos a vida, autoorganicemos a nosa salvación, a nosa resposta, a nosa loita!
Miguez
Venres 11 de Febreiro de 2011 ás 16:27 horas
Alégrome pola ampliacion do prazo. Así moita xente terá opcións de poder formular correctamente as súas alegacións.

Arturo ten razón que sería útil que se convocaran charlas polo concello a horas asequibles ós traballadores cun técnico e que poida resolver as dúbidas dos veciños.

A resposta de da "xa xa" nótase que é por desidia política. En nigún momento Arturo falou nada do PP (e pouco hai que falar deles) e "xa xa " oféndese non sei por que. A miña opinión é moi clara: A transparencia e a información nunca está de máis, aínda que se se fagan miles de charlas todas son útilessobre todo nun caso tan grave coma este. A nivel político este tipo de cousas dan moito xogo, xa sei, "se ti fas, se eu non fago, ..." pero aquí ninguén fala de política, fálase de inxustizas ou barbaridades e de actuar con sensatez e sentidiño. Tamén dicir que algúns partidos políticos organizan charlas rapidamente según lle vaia na feira (así o BNG está ultimamente facendo charlas por todo o país sobre a Lei de Augas -moi importante o tema-). O que se bota en falla, e creo que Arturo tamén vai nesa liña, é que non se fagan charlas sobre a autovía -como é un tema que non interesa por parte de ningún grupo político... -.

Saudiños
xa xa
Venres 11 de Febreiro de 2011 ás 15:47 horas
Mira Arturo o falar non ten cancelas, nin en Mos nin en Soutomaoir (por certo moito defendes o PP, xa se che nota), estan a facer iso que ti dices, son colectivos a nivel particular e algún partido político os que estan a facer este tipo de actos, por certo bastante cutres e faltos de criterio, pero bueno ti que tanto sabes animate e a facer charlas
Arturo
Venres 11 de Febreiro de 2011 ás 14:14 horas
Ademais do przao, deberían incrementar o horario, xa que nes horario só poden ir os xubilados ou os que traballen a turnos. Ah! tamén os políticos, que eses poden a todas horas.
Nos Concellos de Mos e Soutomaior están a facer charlas informativas polas Parroquias organizadas polos respectivos Concellos as que asisten técnicos para resolver as dúbidas da xente. Igualiño que en redondela, vamos, onde se agacha todo o posible.
[1-7]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: