www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Isabel Núñez gaña o concurso de carteis do Entroido 2011 de Redondela
Cultura • 14/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

A figura dun arlequín é a protagonista do cartel gañador, obra da pontevedresa Isabel Núñez cuxo traballo foi o elixido polo xurado entre os 16 carteis presentados a concurso


Un ano máis o Concello de Redondela celebrou o seu concurso, dotado con 400 euros de premio para seleccionar o cartel oficial do Entroido deste ano e que contou coa participación dun total de 16 obras.


De entre os presentados foron tres os traballos máis destacados, sendo finalmente o cartel de Isabel Núñez Montero de Salcedo (Pontevedra) a que se fixo co premio. Un cartel que se poderá ver en breve anunciando o Entroido nas rúas da vila e onde podemos ver elementos tradicionais da festa como o arlequín sobre un fondo vermello con letras negras.


Por outra banda, están xa inscritas un total de dez comparsas que concursarán coas sáus carrozas no desfile do 6 de marzo, acompañadas un ano máis polas comparsas Tío Emilio e o Camp de Chapela que participan fora de concurso.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: