www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Obradoiros para bebés dentro do programa Axóuxeres
Sociedade • 14/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Chega a Redondela o programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral dirixido a bebés de 0 a 3 anos que busca favorecer a incorporación do galego á comunicación entre as familias e os bebés, utilizando para iso o xogo, a música e a experiencia sensorial.


O obxectivo deste programa é axudar a que os pais e as nais contribúan á transmisión da lingua e, á vez, obteñan ideas para xogar na casa, prolongando no fogar as propias actividades.  Ademais a iniciativa homenaxeará aos avós, en recoñecemento polo seu labor de coidado, educación e transmisión da lingua aos máis pequenos.


A programación no noso concello inclúe os encontros que se desenvolverán o domingo 20 de febreiro ás 12.00 h, na Casa da Cultura e os obradoiros previstos para os días 25 e 26 deste mes. O venres serán ás cinco e as sete da tarde e o sábado ás doce do mediodía.


A inscrición está aberta no teléfono 630230338.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: