www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Reguera aposta pola renovación na candidatura socialista
Institucional • 14/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Do actual equipo de goberno do PSOE de Redondela só repiten tres nomes: o do propio candidato Eduardo Reguera, a actual concelleira de interior, Laura Lago que ocupa o posto número tres por detrás do "recuperado" Luís Orge Míguez e o edil José García no oitavo posto da candidatura.


Unha "renovación total" segundo as propias palabras do candidato socialista con moitas caras novas nunha lista de que saen as "vellas glorias" do partido: Xaime Rei, Emilio González Iglesias, Manuel Iglesias e Carlos González, entre outros.


Unha renovación que segundo confesan dende o PSOE era demandada "polos afiliados, simpatizantes e pola cidadanía en xeral logo de máis de 30 anos gobernando un mesmo grupo de goberno" e onde se procurou conttar cun maior achegamentos ás parroquias.


Entre as novas caras destaca o avogado e presidente da SAR, Luís Orge no número dous ou o responsable de protección civil, Antonio Vázquez Saco, quen ocupa o posto sete.


Súmanse tamén a esta candidatura caras novas como Antón Cabaleiro, Leticia González e Leonardo Cabaleiro.


Unha aposta pola renovación que se traducirá segundo declaracións de Reguera nun xeito diferente de facer política "onde se dará máis cabida á participación cidadá e se escoitarán as ideas que aporten veciños e colectivos".

Comentarios
Eduardo Regadeira
Venres 25 de Febreiro de 2011 ás 14:47 horas
Xurovos que a renovación é ao 100% total. Por Snoopi!!!
Para indignación
Venres 18 de Febreiro de 2011 ás 23:29 horas
En xeral coincido ca túa analise, pero penso que non é de todo certo que os redondelans mexan por nos e decimos que chove. Na pasada eleccións municipais, o 60% dos electores redondeláns, 19.000 de 30.000, decidiron non participar do sistema electoral ou criticalo co voto nulo, ou amosar a súa indiferencia votando en branco. O 40% restante deses 19.000, si que votaron porque seguira "chovendo".
Indignación
Xoves 17 de Febreiro de 2011 ás 18:34 horas
Levamos anos sufrindo un goberno que pensó que non nos merecemos, ou quizais si xa que ós redondelans méxannos por riba e dicimos que chove e isto dende hai moitos anos. Temos un concello cheo de chupocteros que cobran dedicacións exclusivas sen ninguna xustificación. Dende o Sr. Carlos Pazos que chupou todo o que puido por estar calado, cobrou a sua dedicación exclusiva, que partindo de que era tetilleiro foi unha gran mellora, e non fixo nada polo pobo. Este que presumía de ecoloxismo, e so fai falta visitar o río Pexegueiro, xa que nos fixeron un paseo para ver mellor a merda que sae dos tubos.
E que dicir do Sr. Eduardo, que a xente debe pensar que so leva a concellalía de Cultura, pero leva moitas máis total para o que fai nelas podía levar todas, xa que tempo non lle adica a ninguna por iso sobrarialle tempo da súa dedicación exclusiva. É concejal de Tráfico (maravilloso en Redondela) cun plan de tráfico do ano 84, é concejal de patrimonio, esta non conta porque se enterou o mes pasado (por incrible que pareza), é concejal de Turismo moi importante no noso pobo foi a principal fonte de ingresos para Redondela, mellor dito para o Eroski que é o único sitio que visitan os peregrinos xa que non se lle dan máis alternativas, é concejal da Policía Local que decir deles temos un corpo supereficiente sobretodo nas suas oficinas xogando ós marcianitos no ordenador, é Concejal de Protección Civil disto mellor nin falar ahora que se lle revelaron os seus enchufados ¿pero onde vamos ir parar?...podería seguir pero non teño ganas de seguir amargándome pensando o que nos espera a partir de Maio.

Bueno ven a estrella invitada (nunca mellor dito) ORGE que cobrará a súa dedicación exclusiva pero por suposto seguirá traballado no seu traballo e o concello será un mero hobbie pero moi ben pagado seguro pq como se valoran asi mesmos póñense eles os soldos… isto é xenial.
Kaos
Xoves 17 de Febreiro de 2011 ás 17:49 horas
Leín nun foro un comentario para a reflexión. ¿Quen vai a traballar nesta lista?
- Reguera non da "palo al agua"
- Orge irá ao Concello nos ratos libres
- Laura leva 4 anos e o único que fixo foi volvernos tolos cos nomes das calles.
- O resto ¿que aportan? ¿que son amigos de Reguera?
redondelana
Xoves 17 de Febreiro de 2011 ás 13:15 horas
cambiando un poco el refrán, sigo diciendo que " no por mucho renovar, amanece más temprano"
Alba
Xoves 17 de Febreiro de 2011 ás 10:09 horas
Para éste que se dice " el enterado". Va de elegante y no sabe ni escribir. ¿Has visto la cantidad de faltas de ortografía que tienes?. Te han dicho que la elegancia es incompatible con faltarle al respeto a la gente. Y además, tú compras la ropa en París?
El enterado
Mércores 16 de Febreiro de 2011 ás 00:10 horas
Estoy de acuerdo con la renovación del 95%, casi total. Cabe una excepción de Laura Lago, que aparte de sus labores, no sé ni a que se dedica, ni de vista la conozco. Y el caso de José Jarsía, que se sabe que es concejal de comercios, industria, furanchos, . . . . pero a escepción verlo en la procesión de la Coca, vestido con un trage de Alcampo, nada más se sabe. Total la historia de esta candidatura, está aun por escribir. ¡Ave, Reguera! ¡Los que no te van a votar te saludan!
Arturo
Martes 15 de Febreiro de 2011 ás 23:23 horas
E non se esqueza que foi nomeado dixitalmente polo incapaz. O cal tamén quere dicir algo non ?
Manuel
Martes 15 de Febreiro de 2011 ás 21:25 horas
Gustame a última frase, pero non esquezo que estamos en campaña, e non deixa de ser unha promesa electoral. Reguera as duras e as maduras, ten que asumir no grupo que está integrado, e se estar neste grupo ata o de agora supuxo unha adicación exclusiva e ter máis presuposto que outros para facer o que quixera, agora terá que afrontar, pagar os platos rotos de Xaime e se cadra chupar banquillo ou non chegar a ser alcalde, vaille e foille no soldo. Se temos compasión e contenplación con Reguera no PSOE, como debemos tratar a aqueles represetantes de partidos que non teñen representación, nin presupostos, adicacións exclusivas, etc.?????
Pepe
Martes 15 de Febreiro de 2011 ás 20:18 horas
1.Pasaba de todo?puede ser una opinión personal tuya,la mia por lo menos no es,para mi ha sido de los pocos concejales que se merecian cobrar del ayuntamiento.
2.Estaba na camarilla?pues creo que hay una diferencia entre otros concejales y el,mientras el podía tomar un café con ellos y se iba para el ayuntamiento otros pues se pedían otro café,y lo sé porque lo vi varias veces.
3.Se limitaba a levantar as mans no pleno?pues creo que los hechos demuestran que no es así,simplement con mirar todos los actos o acciones organizadas o realizadas por sus concejalías lo dicen bien claro.
Y si que formó pàrte de un gobierno que no se esmearaba lo más mínimo salvo en algunas áeas,entre ellas las de Reguera.Pero lo que tengo muy claro es que se intentará mezclar a este con las actuaciones de Rei.Creo que hay una diferencia entre ambos y desde luego yo creo que se cuales son.Mi voto será para él,y nunca uno de agradecimiento al actual gobierno

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: