www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 11 de Xullo de 2020

Reguera aposta pola renovación na candidatura socialista
Institucional • 14/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Do actual equipo de goberno do PSOE de Redondela só repiten tres nomes: o do propio candidato Eduardo Reguera, a actual concelleira de interior, Laura Lago que ocupa o posto número tres por detrás do "recuperado" Luís Orge Míguez e o edil José García no oitavo posto da candidatura.


Unha "renovación total" segundo as propias palabras do candidato socialista con moitas caras novas nunha lista de que saen as "vellas glorias" do partido: Xaime Rei, Emilio González Iglesias, Manuel Iglesias e Carlos González, entre outros.


Unha renovación que segundo confesan dende o PSOE era demandada "polos afiliados, simpatizantes e pola cidadanía en xeral logo de máis de 30 anos gobernando un mesmo grupo de goberno" e onde se procurou conttar cun maior achegamentos ás parroquias.


Entre as novas caras destaca o avogado e presidente da SAR, Luís Orge no número dous ou o responsable de protección civil, Antonio Vázquez Saco, quen ocupa o posto sete.


Súmanse tamén a esta candidatura caras novas como Antón Cabaleiro, Leticia González e Leonardo Cabaleiro.


Unha aposta pola renovación que se traducirá segundo declaracións de Reguera nun xeito diferente de facer política "onde se dará máis cabida á participación cidadá e se escoitarán as ideas que aporten veciños e colectivos".

Comentarios
Kaos
Martes 15 de Febreiro de 2011 ás 19:58 horas
Polo que leo eiquí vai a ser que Reguera non estuvo como Concelleiro estes 8 derradeiros anos cobrando unha dedicación exclusiva.
Se limitaba a levantar a man nas votacións dos plenos? Pasaba de todo? estaba na camarilla? ou as tres cousas a vez?
Javier
Luns 14 de Febreiro de 2011 ás 22:17 horas
Sin lugar a dúbidas é unha das concellerías máis difíciles,e máis en tempos de crise,ver algunha situación na que seguramente co orzamento e cos medios do concello non poida facer moito máis.Pero eu referíame aos trogloditas do PSOE(refírome a Xaime,Emilio,Nolete e coma non Carlos) que por culpa destes teña que pagalo Eduardo Reguera.E espero que ao irse esta tropa deixen aos que de verdade queren facer algo(Creo que no BNG hai xente moi capacitada menos Carliños e no PSOE creo que tamén ao irse estas vellas "glorias",esperemos poder volver a confiar un pouco na política local
un agradecido
Luns 14 de Febreiro de 2011 ás 21:47 horas
Estou dacordo contigo Javier, pero non esquezas a concelleira de Servizos Sociais, nesta Concellería tes que ter estomago, ollando e tentando arranxar temas que en algúns casos son de pobreza extrema, cun orzamento en precario e con medios escasisimos, pero esta muller sempre ten para esta xente unha palabra de animo, grazas a nacionalista Rosa.
Javier
Luns 14 de Febreiro de 2011 ás 20:38 horas
Pode que poida ter algunha responsabilidade,pero foi dos poucos concelleiros que vin que se preocupaba algo polo que pasa,tamén creo que fixo unha boa labor na concelleria de cultura,turismo e máis no de protección civil(esperemos que resolva pronto o tema do grumir9.O único pero que lle podo poñer é a concellería de tráfico pero que sendo como é Redondela moito non se pode facer(refírome a que a vila é un embudo).Pero para mín foi dos únicos que merecen algo de respecto na actual corporación
Arturo
Luns 14 de Febreiro de 2011 ás 19:42 horas
Oindo a este home deduzo:
- Renóvanse porque o demanda a xente, logo recoñecen que a xente está farta do incapaz e os seus parásitos (políticamente falando).
- Que hai un alonxamento das Parroquias, logo se estaba a gobernar para a "vila".
- Qué é necesario "aportar que as asociacións aporten" (fluidez, moita non ten...) a vida política, logo non se estaba a deixar que os colectivos aportasen, o cal quererá dicir que non se lles facía nin p... caso.
En fin, que unha vez recoñecidos algúns dos erros do megalómano, sólo teño que dicirlle a este home, que , claro, levando o tempo que leva con él, ... algunha culpa terá, non? polo menos houbo quen vista a maneira de actuar do incapaz, foise sen dar acubillo a esas actuacións.

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: