www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

O parlamentario popular Román Rodríguez informa en Redondela da Lei de augas
Institucional • 15/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O PP local celebra esta reunión "ante as desinformacións vertidas por algúns colectivos e a inquedanza que se está a producir entre a poboación". A cita será o mércores ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira


O Partido Popular de Redondela organiza unha conferencia informativa sobre a recente Lei de Augas de Galicia "ante as desinformacións vertidas por algúns colectivos e o consecuente nerviosismo e a inquedanza que se está a producir entre a poboación".


Por este motivo entenden que é o seu deber celebrar esta reunión dirixida polo deputado do Parlamento de Galicia, Román Rodríguez e convidan a todos os veciños a achegarse o mércores ás 20:30 horas para que "escoiten de primeira man o contido desta normativa podendo atender e resolver as súas dúbidas".


Unha lei aprobada no pasado mes de novembro e que está a ser moi criticada dende o BNG, partido que iniciou en Redondela unha campaña informativa e de recollida de sinaturas contra esta normativa que ao entender do partido nacionalista ten como único obxectivo "aumentar a súa capacidade recadatoria cun ben de primeira necesidade". Algunhas das críticas do BNG a dita lei é que amplía o canon da auga e de saneamento, co que practicamente todas as vivendas do rural deberán pagar un novo imposto, que de termo medio pode superar os cen euros anuais.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: