www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

Médicos, xuristas e policías analizan a violencia de xénero en Soutomaior
Sociedade • 15/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

As xornadas desenvolveranse os días 24 e 25 de febreiro no Multiusos de Arcade. As persoas interesadas en participar deberanse inscribir no Centro de Información á Muller de Soutomaior antes do 22 de febreiro.


Unha actividade que organiza a Concellería da Muller e que está dirixida tanto a profesionais do ámbito sanitario, educativo, xurídico e policial como en xeral a todas aquelas persoas interesadas na igualdade e a violencia de xénero.


Ao longo de dúas xornadas pasarán polo multiusos de arcade expertos en cada un dos asuntos a tratar desenvolvéndose varias mesas coloquio que abordarán o ámbito psico sanitario, o educativo, o ámbito xurídico así como o ámbito policial.


O obxectivo é analizar integralmente a violencia de xénero, prestando especial atención aos efectos que esta violencia ten sobre a vitima, tanto psicolóxica como fisicamente, pero tamén analizando os avances que nesta materia se teñen producido no ámbito xudicial e policial, onde a día de hoxe hai unha maior concienciación do problema así como maiores medio humanos e materiais para tender ás mulleres que padecen a violencia machista.


Prestarase ademais especial atención a cómo este contido ten entrado nos centros educativos, para formar parte tamén das preocupacións do profesorado e da propia secretaría xeral de igualdade coa edición do material "Fíos Violeta: convivir en igualdade".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: