www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Maxia a teatro centran as citas culturais da fin de semana
Cultura • 18/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

Nova cita coa maxia no Multiusos da Xunqueira a partir das 21:00 horas de hoxe venres coas actuacións de Alán el mago, o mago Noel e Eloi Crespo. O teatro será mañá o protagonista coa obra Volpone de Talía teatro ás 20:00 horas


Arrancan as actividades esta mesma tarde cunha cita máxica no Multiusos da Xunqueira. O cartomante Alán el mago e a maxia de proximidade do mago Noel serán dúas das actuacións que se poderán ver a partir das nove da noite.


Actuará tamén o mago redondelán Eloi Crespo, encargado ademais de argallar o proxecto Búrbida Máxica que permite achegar o ilusionismo, os xogos de cartas e o humor a diferentes espazos do Multiusos.


E xa mañá sábado a quenda será para o teatro. Continúa a programación do Teatrarte coa obra Volpone de Talía Teatro. Trátase da comedia máis famosa do autor inglés Ben Jonson adaptada e dirixida por Roberto Salgueiro.


Partindo dunha estética de Commedia dell'Arte esta versión libre de Volpone lávanos a través do humor á época da Venecia clásica, onde os cartos e a luxuria convértense en elementos craves da trama.


Unha obra na que se retrata satiricamente a nobres e non tan nobres señores, que teñen como principal interese reunir fortunas sen importar o ridículo que teñan que facer nin o custo que outros teñan que pagar.


Unha obra que segue a liña do ciclo que organiza a Concellería de Cultura onde a comedia ten un oco destacado


O prezo das entradas é de catro euros para o público en xeral, Dous para xubilados e estudantes.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: