www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

O adeus a un bar emblemático
Sociedade • 18/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O Porrón pecha as súas portas por xubilación do seu alma mater Enrique Tuche logo de 27 anos ao fronte do local. Un camiño no que foi fundamental o apoio da familia e tamén o agradecemento mostrado por moitos clientes "sobre todo de fora, porque ninguén é profeta na súa terra".

 


A piques xa de pechar, Enrique Tuche lembra con emoción os 27 anos ao fronte dun local que marcou unha época no centro da vila e polo que pasaron centos de peregrinos no seu camiño a Santiago como o testemuñan as ducias de postais que aínda se poden ver sobre a barra do local.


Toda unha vida dedicada á hostalería dende os seus inicios na emigración no estado de Bahia no Brasil e posteriormente xa en Redondela, primeiro ao fronte do bar Stop e xa dende o 1983 xestionando o Bar O Porrón.


Un dos momentos máis significativos que lembra Enrique foi cando xunto a outros hostaleiros da vila - Manolo de Casa Paco e Carlos o do Stop- puxeron en marcha a festa do Choco, un evento gastronómico consolidado na actualidade pero que naceu no ano 87 polo entusiasmo destes veciños que asumiron un risco económico importante.


Pero se algo lembra con emoción é o contacto cos clientes e saber que moitos turistas e peregrinos que pasaron polo local aínda se lembran dos chocos ou das empanadas desgustadas nas súas mesas.


Anécdotas ten moitas, unha das máis recentes a de uns xaponeses que non dubidaron en comer uns chinchos e unhas fanecas ao estilo "sushi", isto é, sen cociñalos previamente.

Comentarios
balumba
Domingo 20 de Febreiro de 2011 ás 14:50 horas
pero como lle dicides adeus, se aínda hoxe está aberto?
piolin
Sábado 19 de Febreiro de 2011 ás 20:00 horas
pajarito no te olvides de tu amigo piolin y silvestre
Alma mater?
Venres 18 de Febreiro de 2011 ás 19:31 horas
NOn teño claro iso de alma mater. Ao mellor é porque nunca entrei nin consumín no Porrón. Pero ainda que o Sr. Enrique sexa aalma visible, supoño que a súa muller, tamén terá moito que ver co existo dun negocio aberto tantos anos. Como home xusto gustaríame que mencionárades o nome da muller de Enrique, que non coñezo.
asunción
Venres 18 de Febreiro de 2011 ás 18:30 horas
xa ninguén lle poderá dicir: Pajarito, ponme un café.
e el contestar: oye, yo me llamo Anrique, no Pajarito.
e contestarlle o cliente: vale, pero traeme un café volando.
Pajarito
Venres 18 de Febreiro de 2011 ás 17:48 horas
pio .... pio
paxaro tolo
Venres 18 de Febreiro de 2011 ás 16:08 horas
requiescam in pace!
[1-6]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: