www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

O Chapela aguanta o tirón da Primeira Autonómica
Deporte • 22/02/2011
Autor: Ana Prieto

Recentemente ascendido a unha categoría "moi competitiva", o equipo redondelán pelexa por non descender. Os de Luis Ferreira estanse a curtir nesta liga, e coa vitoria do domingo no campo do Caselas dan un paso importante na clasificación. Pero a permanencia nunca está asegurada nunha categoría na que poden descender ata cinco equipos. Este domingo tentarán seguir coa senda positiva en Chapela cun triunfo diante do Valadares.


A categoría é dura, moi competitiva, e os xogadores do Chapela son "novatos" na Primeira Autonómica. Pero o adestrador, Luis Ferreira, quixo apostar polos rapaces que acadaron o ascenso a pasada temporada, e os resultados están a ser cada vez mellores. Con todo, o equipo atravesou unha mala racha de baixas que o privou dalgúns xogadores que o técnico considera "moi importantes" e que agarda poder recuperar nas próximas xornadas. A vitoria do pasado domingo no campo do Caselas foi un paso importante para o equipo, non só porque supón tres puntos de ouro para manter as opcións da permanencia, senón porque demostra que o Chapela é quen de gañar na súa casa a un dos equipos máis fortes da liga. O triunfo permite ó Chapela manterse na 14º posición da táboa. Pero a permanencia nunca está asegurada nunha categoría na que poden descender ata cinco equipos. Con todo, Ferreita confía nos seus xogadores, entende que van "polo bo camiño" e que xornada tras xornadas se nota "a melloría do equipo", que vai collendo experiencia na categoría.


Este domingo tentarán seguir coa senda positiva en Chapela cun triunfo diante do Valadares, aínda que asumen a dificultade. O adestrador sinala que será un partido "difícil" diante dun rival "duro e rochoso", pero confía nas posibilidades dos seu equipo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: