www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Asembleas informativas da A-59 en Redondela e Soutomaior
Sociedade • 23/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

En Redondela convoca a xuntanza a Plataforma Cidadá quen informará aos afectados mañá xoves ás 20:00 horas no Multiusos, En Soutomaior o acto está convocado polo BNG para esta tarde ás oito na escola unitaria de Alxán


A Plataforma Cidadá convoca ao veciños a unha asemblea informativa sobre a futura autovía. O obxectivo deste acto é informar sobre a actual situación do proxecto, explicando o traballo que se leva desenvolvido dende a plataforma e dende o movemento veciña nestes últimos meses. Os afectados polo trazado desta autovía coñecerán cales son os procedementos que teñen que acometer e cales son os prazos, xa que será o día 3 de marzo cando remate o tempo dado por Fomento para presentar as alegacións correspondentes por parte dos afectados.


Tamén se informará na xuntanza das accións que a Plataforma ten previsto para os vindeiros meses coa vista posta nas próximas eleccións municipais de Maio.


Por outra banda, en Soutomaior será o portavoz municipal do BNG, Fernando Herrero e o avogado especialistas en expropiacións Calixto Escariz os encargados de abordar as incidencias do trazado da A-59 ao seu paso por este municipio. A charla, aberta a todos os interesados, celebrarase esta tarde ás 20:00 horas na escola unitaria de Alxán.

Comentarios
Víctor Manuel
Sábado 26 de Febreiro de 2011 ás 01:54 horas
Que non Indignación, que a proposta do PP e unha das alternativas da A-59, a 11. a ti pode gustarte pero non se pode confundir a opinión pública decindo que o PP está contra a A-59, cando está pola alternativa 11. En todo caso a Plataforma Cidadá está contra todas as alternativas pois todas son destructivas e innecesarias. Os que están a favor das autovías en realidade están a favor de que o Estado que non ten recursos para a sanidade a educación, e todolos servizos públicos se hipoteque e pague altos intereses aos bancos, se queres chineses, e as empresas constructoras que construen estas infraestructuras, mentres nos as pasamos putas ca crise que temos enriba, que non só é económica tamén ambiental, climática, etc. Algúns a pesar das evidencias bos empeñades en levar a humanidade ao precipicio.
INDIGNACION
Xoves 24 de Febreiro de 2011 ás 10:15 horas
O PP polo que sei está en contra de A59 pero a favor da A57 cun enlace que somentes tocaría a parroquia de Vilar e nos uniría a A57. Para min é unha boa alternativa xa que eu non estou en contra de tódalas autovías pero si da A59 que me parece unha animalada que non beneficia a Redondela para nada senón que sae moi perxudicada.
Víctor Manuel
Mércores 23 de Febreiro de 2011 ás 21:26 horas
INDIGNACIÓN: Teño que correxirte que na coorporación municipal de Redondela, non hai nadie en contra, nin o PP. O PP está a favor da A-59, a diferencia co PSOE-BNG é o trazado, que o PP quere a alternativa 11 e o Goberno municipal a 5, pero todos, todos, queren dar por alí por donde sabemos tod@s. Na coorporación municipal, donde están represnetados eses partidos que se din democráticos e que representan o poder popular, non hai un que esté en contra do trazado da A-59 vaia por donde vaia e eso que se presentaron 9000 alegacións nese sentido. Cada un que quite as súas conclusións, ou que se engane ata donde queira, pero está claro que esta autovía en ningún caso obedece a unha demanda popular. É unha demanda das empresas constructoras, principalmente, capitalistas en xeral, e sobre todo do sector auomobilistico e dependente do petroleo. Por outra os bancos e inversores internacionais frotanse as mans, porque o Estado, todos nós avemos de pagar moi bos intereses por pretarnos uns cartos que non temos para construir unha infraesctructura que non necesitamos, e cando non estamos cubrindo as necesidades básicas de todos.
autovia NON grazas
Mércores 23 de Febreiro de 2011 ás 17:35 horas
por supuesto el bng va a parte de la plataforma nos como plataformacidada no entramos en el juego de los politicos nosotros tenemos las cosas bien clara AUTOVIA NON GRAZA porque porque serra un gasto de 228millones de euros y no sacara trafico de Redondela como esta diciendo eduardo reguera ,xaime rey ,carlos paazos emilio gonzales y otros etc .Los del bngY los del psoe tambien la quieren la autovia para poder llegar ante a vigo cuando tenga que quedar con santiago dominguez o con abel caballero pero van a llega igual de rapido sin van por carretera pero eso no es todo tambien hay interese como meter unos cuantos puñados de billetes en el bolsillo
INDIGNACION
Mércores 23 de Febreiro de 2011 ás 16:49 horas
O BGN en Redondela vai por libre, está totalmente vendido. Dende hai moitos anos cobran por estar caladiños eu non sei como se sentirán os seus votantes pero imaxínome que fatal pq non escoitan para nada o pobo. Eles que condo estaban na oposición os demais grupos lles chamaban os do NON e agora son os SI GUANA. Penso que co cambio de candidato a cousa non vai variar xa que a nova candidata non mostra interese ningún por estas inquedanzas debe estar tamén a favor da A59 por incrible que pareza. Si ata o PP está en contra.
Arturo
Mércores 23 de Febreiro de 2011 ás 16:15 horas
Aínda que hai unha certa diferenza, por unha banda a información parte de unha organización política, noutra de un movemento cidadán, polo menos hai quen tenta respostar as inquedanzas da xente. E mentres, aquí, en Redondela, agochados ao quente, cobrando soldos pagados por nós e sen defender aos contribuíntes.
Onde está o que me chamou desinformado? Hai ou non hai xuntanzas noutros concellos promovidas polos políticos?
[1-6]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: