www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019

Os populares solicitan ao goberno local que financie o patio cuberto de Santa Mariña
Institucional • 23/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O PP proporá esta tarde ao pleno do concello que a partida de 200.000 euros para afrontar esta obra se extraia do millóns e medio de euros que o Concello dispón para obras sen determinar. Os populares solicitan tamén na sesión que arrancará ás 19:00 horas a comparecencia de Reguera para explicar o futuro do auditorio de A Marisma


A demanda dun patio cuberto para o colexio Santa Mariña parece que será unha das protagonistas no pleno de hoxe. Si dende o BNG piden o apoio do resto dos grupos para solicitar á Consellería de Ensino que asuma a construcción desta infraestrutura, dende o PP solicitarán hoxe ao concello que sexan as arcas municipais quen financien o proxecto, que ascende a 200.000 euros.  Entenden os populares que esta partida podería extraerse dos 1.400.000 euros dos que o Concello dispón para obras sen determinar.


Pero non será esta a única moción presentada polo PP, partido que solicitará tamén que se paralicen todos os traballos de ampliación da AP-9 "para así garantir a conservación e potenciación do castelo de Rande" e demandarán ademais ao goberno local o asfaltado para acondicionar o aparcamento do centro da Sociedade Agraria de Reboreda.


Comparecencias


Por outra banda, o grupo popular pide a comparecencia do concelleiro de cultura e facenda, Eduardo Reguera para que dea explicacións sobre a situación actual das obras do novo auditorio e sobre cal é o futuro inmediato de dito proxecto. Tamén se lle reclamarán explicacións sobre a fonte piramidal que estaba previsto instalar na praza de Ribadavia. No pasado pleno de xaneiro aprobouse unha partida de 54.000 euros para a adquisición deste monumento aínda que semanas despois o goberno decidiu dar marcha atrás e anunciou que o farol non sería substituído pola fonte cuxo proxecto se lle encargou ao escultor Acisclo Manzano.


Os populares solicitan finalmente a comparecencia de Laura lago, concelleira de interior para que explique cal foi a información aportada polo Concello ao valedor do pobo con relación á problemática da localización e sinalización do camiño da Correola na parroquia de Chapela.

Comentarios
ciudadano-cliente
Venres 4 de Marzo de 2011 ás 19:23 horas
Lo más importante aquí son las aceras y también la PIRÁMIDE DE LA FAROLA esto es prioritario,sin contar donde van ir ese millón e medio "" sin determinar ""
" " "" OBRAS VARIAS JE JE "" ""
Para indignacion
Xoves 24 de Febreiro de 2011 ás 11:52 horas
Certo, certo, a Xunta está a gastar os seus cartos en cousas moito máis importantes que un patio cuberto para catro rapaces, por iso non ten un peso para facer esta obra.
INDIGNACION
Xoves 24 de Febreiro de 2011 ás 10:23 horas
O goberno local pediu 1.454.000 € para destinar a obras indeterminadas, e eu penso,¿ non é máis importante o patio cuberto que cambiar as aceras que rodeaban o colexo e ademais estaban en perfecto estado? Será competencia da Xunta pero noutros casos tamén o era e foi o concello quene fixo as obras. Para gastar 54.000 euros nunha pirámide non choran os cartos pero para poñerlle un patio ós nenos si. Ainda que non fose a miña competencia eu como alcalde ou como persona sensata primaría esa obra e non outras que está a facer e nadie as considera necesarias pero bueno como nunca contou co pobo para gobernar non me esperaba outra cousa.
Pepe
Xoves 24 de Febreiro de 2011 ás 00:24 horas
Pero como poden ter a cara de pedir que o goberno local financie as obras de algo que depende ABOSLUTAMENTE DA XUNTA.Esta é a alternativa de goberno?Seguro que si conseguen o goberno a xunta non tería problema en facelo
nemesio vivales
Mércores 23 de Febreiro de 2011 ás 23:03 horas
O dito: o PP de Javivas vai pasar pola esquerda, pero moi pola esquerda, a BNJ e PZOE.
Todo polos nenos
Mércores 23 de Febreiro de 2011 ás 18:09 horas
Si claro que me parece boa idea que se faga o patio cuberto, pero eu creo que proporcionalmente esos 200.000€ pesan menos na consellería de Educación que nun Concello como o de Redondela. Que é polo ben dos nenos, que son de Redondela pero tamén son galegos.
[1-6]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: