www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

Obradoiros para bebés na Casa da Cultura
Sociedade • 23/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O programa Axóuxeres da Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca a pais e nais con fillos de entre 0 e 3 anos a participar nos obradoiros que se van desenvolver na tarde do venres e na mañá do sábado na Casa da Cultura. Para se inscribir deben chamar ao teléfono 630230338.


Unha actividade que busca favorecer a incorporación do galego á comunicación entre as familias e os bebés empregando para iso o xogo, a música e a experiencia sensorial. Así os asistentes poderán coñecer cantigas de rolo e outras formas de interacción cos cativos que logo poderán trasladar ao seu fogar.


Os obradoiros están abertos a ambos os dous proxenitores, aínda que seguen a ser máis as nais que acoden, sendo a implicación dos homes algo menor, con todo cada vez son máis os pais que se animan a acompañar ás súas parellas á actividade.


As persoas interesadas en participar nos obradoiros, previstos para o venres ás cinco e as sete da tarde e o sábado ás 12:00 horas pódense inscribir no número de teléfono 630230338.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: