www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

O ministro de Xustiza inaugura en Redondela unha exposición sobre o médico Alejandro Otero
Cultura • 24/02/2011
Autor: M. X. Queimaliños

O ministro de Xustiza, Francisco Caamaño visitará mañá Redondela para inaugurar ás 20:00 horas unha exposición sobre a figura do médico redondelán Alejandro Otero Fernández que se pdoerá visitar no Mulitusos ata o 25 de marzo.


A mostra, organizada pola Xuventudes Socialistas, fai un percorrido pola vida de Otero Fernández a través de doce grandes paneis onde se recolle diferente documentación relacionada co médico e destacado socialista, así como diferentes obxectos como un busto, un retrato ou un microscopio cedidos pola Universidade de Granada, onde o médico desenvolveu gran parte da súa actividade investigadora e docente.


Esta exposición, que se poderá visitar ata o 25 de marzo no Multiusos da Xunqueira, é o eixo central de todos os actos programados na memoria do médico nacido en Redondela no ano 1889 e falecido en México no 1953.

Comentarios
ciudadano-cliente
Venres 4 de Marzo de 2011 ás 19:28 horas
ONDE estivo o ministro eu non o mirei será que estou chosco ??
Ou será a típica desvegoñada,manipuladora,enganosa e abusiva publicidade que nos ten acostumados o psoe ??

-,,,,,,,,,,,,,,,,,,-UN ESCÁNDALO PEREIRA -..-,-.................-,,,,,,,,,,
xustiza tambien hay son socialista
Xoves 24 de Febreiro de 2011 ás 16:19 horas
un ministro de xustiza socialista manda carallo
[1-2]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: